Ir o contido principal
iniciar sesión

La Xunta da luz verde a un plan que pretende evitar la fuga de talentos en Galicia y promover el fichaje de 24 investigadores de referencia

El presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, ha anunciado el impulso del programa "Oportunius", con el que su Ejecutivo aspira a evitar la fuga y atraer a los principales talentos científicos a la comunidad con la contratación de 24 investigadores de referencia, que contarán con contratos "estables" de cinco años y susceptibles de ser renovados.

Al finalizar el Consello de la Xunta, Feijóo ha explicado que su Ejecutivo destinará a estos contratos cuatro millones de euros hasta 2020. El objetivo es que "ningún gallego que tenga esta beca se tenga que ir y que otros científicos excelentes puedan ubicar Galicia como destino para desarrollar su investigación". El Ejecutivo autonómico lanzará convocatorias anualmente hasta 2020 y las personas seleccionadas serán contratadas "a través de la figura legal del investigador distinguido". Feijóo ha precisado que en Galicia hay actualmente "ocho" y que se aspira a multiplicar el número de científicos de alto nivel con este plan.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a activación do programa Oportunius, que ten por obxectivo reter ou captar investigadores de referencia que fagan realidade o obxectivo de desenvolver en Galicia unha I+D de excelencia. O mandatario galego explicou que se trata dunha iniciativa que prevé a incorporación de 24 científicos de alto nivel ao Sistema Galego de I+D+i con capacidade para atraer 25 millóns de fondos europeos.

Na rolda de prensa posterior á xuntanza do Consello, Feijóo asegurou que para acadar esta meta a Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación, destinará máis de 4 millóns para a contratación destes investigadores, outorgándolles un contrato estable de cinco anos no centro galego de investigación máis adecuado aos seus intereses. Segundo engadiu, estes contratos serán renovables por outros cinco anos se os beneficiarios manteñen as bolsas que teñen concedidas.

A actuación está dirixida a científicos de gran proxección que xa son referencia nas súas áreas de coñecemento, ou están camiño de selo, e a aqueles que foron recoñecidos xa a nivel europeo mediante unha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC). Segundo apuntou, a excelencia científica destes bolseiros reflíctese no feito de que 3 dos 13 Premios Nobel do ano 2014 lle foron outorgados a investigadores que contaban nos seus currículos cunha bolsa ERC.

Feijóo explicou que estas bolsas europeas supoñen 300.000 euros ao ano que atraerían os centros de investigación galegos, posto que as ERC contan con asignacións económicas que oscilan entre 1,5 e 2,5 millóns para financiar liñas punteiras de investigación. Polo tanto, o que fai a Xunta, dixo, é “facer un contrato durante cinco anos para que os que teñen esa bolsa se queden en Galicia a seguir investigando”.

O presidente da Xunta fixo fincapé en que coa activación do Oportunius, o Goberno galego pretende reter a investigadores excelentes galegos que conten coas mencionadas bolsas, atraer outros de fóra de Galicia para que veñan desenvolver á Comunidade os seus proxectos, e formar a científicos con potencial para conseguir estas bolsas ERC.

O programa, explicou, lanzará convocatorias anuais coa finalidade de incorporar unha media de 4 investigadores ao ano ata 2020, acolléndoos baixo a figura legal do investigador distinguido, que Galicia activará mediante esta iniciativa. Deste xeito, aspírase a triplicar os 8 investigadores recoñecidos con estas bolsas europeas que acolleu Galicia no período 2007-2013, mentres que en España foron 135.

“Tanto de forma directa -co mantemento en Galicia e coa incorporación de investigadores de primeiro nivel-, como de forma indirecta -porque isto repercutirá no formación dos equipos de investigación que xa están traballando en Galicia-, o que pretendemos xustamente é que os mellores se queden. E se os hai tamén que queiran vir, que poidan vir”, concluíu.
R.