Ir o contido principal
iniciar sesión

AGE abre una campaña contra la reválida de 3º de Primaria e insta a los padres a boicotear la prueba que consideran estresante

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de AGE:

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) quere amosar o seu apoio e comprensión a todas as familias que se están a negar a ter que someter aos seus fillos e fillas á revalida, unha proba antipedagóxica e competitiva. O Goberno galego vén de anunciar a realización das revalidas de 3º de educación Primaria na que participaran máis de 22.000 nenos e nenas galegas, que serán sometidos a unha proba estandarizada, sen fins educativos, cuxos resultados non van formar parte do expediente académico e que servirán unicamente para comparar o rendemento do alumnado de diferentes centros. Con esta medida “redúcese deste xeito a avaliación educativa a un exercicio de comparación estandarizada, de medición de rendementos, de ranking escolar co que certificar o éxito ou o fracaso de persoas e escolas” sinalou o deputado de AGE.

Dende Alternativa Galega de Esquerda consideran que o sometemento de nenos e nenas de 7 e 8 anos a probas estandarizadas, supón unha medida antipedagóxica e carente de fins educativos mais aló de fomentar a mera competencia entre alumnado e os centros educativos. A psicoloxía, a pedagoxía e a didáctica, teñen xa demostrado dende hai tempo que a avaliación debe ser continua dirixida a reconducir o axeitado desenvolvemento dos procesos de ensino-aprendizaxe. A avaliación continua, partindo da avaliación inicial, permite facer os axustes precisos para garantir o correcto desenvolvemento académico e persoal do alumnado así como o deseño de medidas de reforzo e apoio para aqueles alumnos e alumnas que presenten dificultades de aprendizaxe concretas ou xeneralizadas. “Estes deben ser os fins da educación e non someter ó noso sistema educativo á ditadura de informes que, como o informe Pisa da OCDE, fai medicións dirixidas, condicionadas e con frecuencia descontextualizadas da realidade obxecto de avaliación” denunciou Ramón Vázquez.

Por outra banda, a proba da revalida non contemplan adaptacións metodolóxicas nin curriculares, o que significa unha discriminación ao alumnado con necesidades educativas especiais tal e como salientou o deputado Ramón Vázquez.

Alternativa Galega de Esquerda entende que as familias contrarias a este tipo de revalidas teñan decidido non someter aos seus fillos a un proceso antipedagóxico e competitivo ao que teñen dereito a renunciar se así o deciden.
R.