Ir o contido principal
iniciar sesión

Familias gallegas con un nivel moderado de ingresos recibirán un cheque público para material escolar con el que se pretende beneficiar a 70.000 alumnos

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na Cámara galega que entre 60.000 e 70.000 alumnos contarán no curso 2015-2016 cun cheque de entre 40 e 50 euros para material escolar. “Imos seguir axudando aos que menos teñen e traballando polas familias en situación de vulnerabilidade, con dificultades económicas”, aseverou, ao que precisou que esta liña de axudas inclúese no Plan social contra a desigualdade económica.

En resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara, Feijóo afirmou que a Educación é e seguirá a ser unha das prioridades do Executivo autonómico, salientando o esforzo e compromiso da comunidade educativa e da sociedade galega, “a través dos presupostos”.

Nesta liña, Feijóo lembrou que: 85.000 estudantes galegos teñen hoxe máis contidos en linguas estranxeiras no seu ensino público; Galicia conta con 220 centros plurilingües; 52.000 alumnos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO están a formarse nunha contorna dixital; o alcance de Abalar esténdese xa a 2.300 aulas de máis de 500 centros educativos; e hai un 54% máis de prazas de formación profesional.

Así mesmo, salientou que a Comunidade conta con 10.000 novas prazas públicas de comedores escolares, “un 22% máis que cando chegamos ao Goberno”; “aprobamos un sistema para facilitar a gratuidade dos libros de texto ás familias con menos recursos e, hoxe, o 70% das familias galegas poden mercar os seus libros sen achegar un só euro do seu diñeiro familiar; e temos as universidades coas taxas máis accesibles de España, o que permite un aforro ás familias galegas de 20 millóns de euros cada ano”.

Durante a súa intervención, Feijóo subliñou que o esforzo conxunto permitiu que o fracaso escolar sexa 9 puntos menos que cando gobernaba o bipartito. E, resaltou tamén que, co obxectivo de que o 100% das aulas públicas sexan dixitais, este ano a Xunta investirá 11 millóns de euros para dixitalizar todas as aulas do terceiro ciclo de primaria e de educación secundaria; “e somos a primeira comunidade de España que está traballando no proxecto de contido de libros dixitais, para o que estamos investindo outros tres millóns de euros”.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG, dixo, o deputado Cosme Pombo, defende o Préstamo Universal gratuíto de libros de texto para favorecer a gratuidade nas etapas obrigatorias, máis foi o Goberno comandado por Feijóo quen decidiu retirar esas gratuidade a máis do 70% das familias galegas.

Na defensa da Proposición non de lei destinada a restituír o Sistema de Préstamo Universal dos libros de texto, o parlamentario asegurou que coa chegada de Feijóo ao Goberno tomou a decisión de eliminar o dereito establecido para todo o alumnado que se achegaba ao ensino galego. En plena crise, recalcou, “Feijóo eliminou o dereito fundamental da gratuidade recoñecida pola lei”.
Por outra parte, o deputado explicou que fronte a un modelo gratuíto para o cen por cen da poboación escolar cun custe de 73 millóns de euros para toda a lexislatura co goberno nacionalista, o PP recortou os dereitos adquiridos mediante o método denominado “gratuidade solidaria” que custaba o mesmo pero non cubría o cen por cen senón que só se beneficiaba del unha parte da poboación, “con este sistema todo o mundo paga”.

Segundo o propio Feijóo, o novo plan contiña moitas vantaxes, provoca menos gastos á administración, “falso” asegurou o nacionalista, permitiría dedicar máis fondos a educación, tamén “falso” reiterou e en terceiro lugar, posibilitaría crear bibliotecas nas casas, “outra falsidade”, repetiu Cosme Pombo.

No vindeiro curso coa implantación da LONCE “unha lei que naceu morta”, o BNG reclamou que o Goberno galego retomase o Préstamo Universal e gratuíto de textos para garantir a gratuidade do ensino obrigatorio en Galiza pero lamentablemente a consellería de Educación optou por manter o sistema de gratuidade solidaria que non garante a gratuidade para o alumnado e resulta máis caro para a Administración educativa que o sistema de préstamo Universal. Finalmente, o deputado pediu derrogar as ordes da consellería relativas ao fondo de libros que non garante a gratuidade e adiar a LOMCE que evidencia o “fracaso” das políticas educativas en Galiza. Os votos contrarios do PP impediron que prosperara a iniciativa nacionalista.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de AGE:

“Señor Feijóo, vostede ten un problema coa Constitución española, porque o artigo 27 di o que di e o ensino ten que ser universal e gratuíto”. Así retrucou Yolanda Díaz o recital de embustes e trucos retóricos do presidente da Xunta na sesión de control do pleno do Parlamento, en que Alternativa Galega de Esquerda (AGE) lle preguntou polo novo sistema de préstamos de libros de texto no ensino público. “Vostede o que debe facer é garantir a gratuidade total do ensino básico”, afirmou a viceportavoz de AGE, “tal e como esixe, por exemplo, o Consello Escolar do Estado”.

Pero a realidade do Goberno do Partido Popular en materia de educación é “a agresión constante ao ensino público”. Así, lembrou Díaz, o orzamento da Xunta dedicado a este reduciuse nun 25% e nunha retallada tan brutal que deixou na cuneta a 2073 profesoras e profesores. “As súas políticas están vulnerando un dereito inalienábel, o da educación”, engadiu.

No campo concreto dos libros de texto, a axuda máxima por familia prevista polo Goberno neoliberal de Feijóo é de 180 euros. “Sabe canto lle custa ás nais e pais mandar unha filla á escola? Unha media de 700 euros”, explicou Díaz. A presunta novidade do sistema, o denominado “fondo solidario de libros de texto”, non garante nin sequera que o alumnado que o precise en 3º e 5º de Primaria e en 2º e 4º da ESO acceda ao mesmo. Os que queden sen materiais do fondo, non poderán nin pedir a insuficiente axuda pública.

Na súa liña habitual, Feijóo respondeu cun catálogo de mentiras e cifras retortas. Mesmo chegou a poñer como exemplo da súa política educativa “os colexios privados máis excelentes de Europa” e empeñouse en contradicir a realidade ao afirmar que o ensino público mellorou desde que el senta en San Caetano. O único que conseguiu Núñez Feijóo foi poñer de acordo na súa contra a toda a comunidade educativa: alumnos e alumnas, nais e pais, profesoras e profesores, persoal laboral, etcétera. “E non presuma de centros que imparten inglés, señor Feijóo, porque a miña filla nin sequera pode estudar en galego en Ferrol”, advertiu Yolanda Díaz, “vostede só di cousas para dar titulares”.

Para a viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), o problema de Alberto Núñez Feijóo, apóstolo do neoliberalismo e das políticas contrarias ás maiorías sociais e ás clases traballadoras, é mesmo coa propia Constitución de 1978, que no seu artigo 27, recordou, avoga polo ensino básico gratuíto.

Fotografía: archivo GD/Xunta de Galicia
R.