Ir o contido principal
iniciar sesión

La USC abre la matrícula en su oferta de 53 títulos de máster oficial en Santiago y 12 en Lugo

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:

A oferta de posgraos oficiais da USC, un amplo abano de títulos que o pasado curso rexistrou máis de 2.000 matrículas contempla todas as orientacións e perfís, xa sexan académicos, profesionais ou investigador, ao tempo que tamén inclúe másteres que habilitan para profesións reguladas ou constitúen títulos requiridos para o exercicio profesional.

Respecto dos másteres habilitantes para profesións reguladas, na oferta de programas de posgrao da USC cómpre sinalar os de Enxeñaría de Montes e Enxeñaría Agronómica, que se imparten na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, o máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas, que tanto se pode cursar en Compostela como en Lugo, así como o máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria, con sede en Santiago. Asemade, a USC tamén mantén na súa oferta de posgrao para o próximo curso másteres profesionalizantes, como o son de Avogacía, que se imparte en Santiago e Lugo, ou o de Enxeñaría Química e de Bioprocesos.

A relación completa dos títulos que conforman a oferta de másteres da USC para o curso 2015-2016 agrupados por ramas de coñecemento está accesible na web da institución académica compostelá, onde as persoas interesadas poden tamén atopar información respecto doutros programas de especialización, formación continua ou másteres propios da USC, así como dos respectivos calendarios de matrícula.

A maioría dos títulos de máster integrados na oferta de estudos de posgrao da USC para o próximo curso presentan unha estrutura de 60 créditos ECTS, polo que a súa duración é dun curso académico. Aínda así, hai programas de posgrao cuxa duración é maior, ao tratarse de programas de 90 ou 120 créditos ECTS.

O prazo xeral de matrícula en calquera dos másteres oficiais programados pola USC para curso 2015-2016 con inscrición directa permanece aberto ata comezos do mes de setembro. A solicitude de prazas naqueles programas oficiais de posgrao que teñen articulados criterios propios de selección está aberto ata o 7 de agosto.

Alén dos másteres oficiais e demais másteres propios, a USC tamén inclúe na súa programación de formación de posgrao unha ampla relación de cursos de especialización ou de formación continúa, ademais dos denominados cursos complementarios ou ponte, itinerarios formativos de duración determinada habilitados para que as persoas que xa contan cunha titulación universitaria poidan obter obter as competencias que proporciona o actual título oficial de grao.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la USC
R.