Ir o contido principal
iniciar sesión

La Cidade da Cultura de Galicia conmemora el 150º aniversario de Alicia no país das marabillas

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o 5 de novembro no Gaiás o 150 aniversario dun dos libros imprescindibles da literatura universal: ‘Alicia no país das marabillas’ de Lewis Carroll. Será nunha nova entrega de ‘Nexos convida...’, na que se reciben visitas imprevistas e se conversa con figuras de recoñecido prestixio das letras, as artes e o pensamento. ‘Nexos convida...’ terá como protagonista desta nova sesión á ensaísta Teresa Barro, autora precisamente da primeira tradución ao galego de ‘Alicia no país das marabillas’, publicado en Xerais en 1984 e do que celebramos agora o seu 30 aniversario.

A escritora e tradutora coruñesa achegarase ao Gaiás para explicarlle ao público as dificultades que tivo para traducir, en compañía do seu marido Fernando Pérez Barreiro, o libro de Lewis Carroll. Polas propias dificultades da linguaxe e sofisticación literaria que presentaba a obra orixinal e pola escasa implantación que a principios dos 80 tiña o galego na sociedade. Un traballo polo que Teresa Barro gañou o Premio Nacional de Traducción de Libros Infantís e Xuvenís.

A entrada para ‘Nexos convida a... Teresa Barro’ terá lugar ás 18:30 horas do vindeiro xoves 5 de novembro na Sala Eisenman. A entrada, como a de todas as sesións de ‘Nexos’ é de balde, mais é preciso inscribirse previamente en www.cidadedacultura.gal.

Teresa Barro (A Coruña, 8 de marzo de 1936) é dunha das ensaístas máis importantes de Galicia, tal e como demostran os seus traballos ‘Cartas a Rosalía’ (Edicións do Castro, 1981), ‘O atraso psicolóxico da Galiza: Cartas a Emilio Pardo Bazán’ ou ‘Dentro e fóra’ (2002).

Residente en Londres desde 1963, Teresa Barro dedicou a súa vida á tradución en diferentes organismos internacionais e é a responsable da tradución ao galego de ‘Alicia no País das Marabillas’ (Xerais, 1984) e ‘Alicia do Outro Lado do Espello’ (Xerais, 1985) xunto co seu marido Fernando Pérez-Barreiro; ademais doutros clásicos como ‘Contos de Andersen’ (O Castro, 1983) e ‘Fábulas de Esopo’ (Laiovento, 1997).

Fotografía: http://www.cidadedacultura.gal/gl/programacion-cultural/novas/celebramos-o-150-aniversario-de-alicia-no-pais-das-marabillas
R.