Ir o contido principal
iniciar sesión

El campeonato mundial D3Mobile Metrology World League 2016 arranca con el objetivo de fomentar vocaciones científicas entre los estudiantes de 15 y 17 años

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:

O campionato mundial de modelado 3D de precisión con móbil ‘D3mobile Metrology World League 2016’ bota a andar o martes 2 de febreiro, a partir das 11.30 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, cun acto de presentación desta nova edición do certame no que investigadores do grupo USCAN3D da USC e promotores deste proxecto, presentarán ao público unha iniciativa a través da que a Universidade de Santiago de Compostela pretende potenciar as vocacións científicas entre estudantes de ensino medio de entre 15 e 17 anos a través dun elemento de uso cotiá como é o teléfono móbil.

O director deste proxecto de divulgación e estímulo científico, o profesor da USC Juan Ortiz Sanz, explicará todas as particularidades desta competición, así como outros datos referidos ao desenvolvemento da mesma, no transcurso dun acto no que tamén estarán presentes o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; o director da Escola Politécnica Superior, Tomás Cuesta; a Xefa de Servizo de Formación do Profesorado da Xunta de Galicia, Fátima García, e Antón Ledo, da área de Cultura, Patrimonio Histórico, Normalización Lingüística e Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo.

A profesora e coordinadora do grupo de investigación da USC para a Documentación en 3D, Mariluz Gil Docampo, e José Suárez, responsable de AAPP de Vodafone en Galicia, tamén participarán na presentación da nova edición desta iniciativa de fomento da cultura científica e da innovación avalada tamén pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

Este campionato está aberto á participación de estudantes de todo o mundo e desenvolverase completamente en liña. Toda a información referida ao torneo está accesible na páxina http://www.d3mobile.es.
R.