Notas
-
Tivo lugar a gala de entrega de premios da novena edición do certame OUFF Escola, no que este ano participaron 102 traballos de toda Galicia. O OUFF Escola é un evento organizado polo Concello de Ourense, ao abeiro do Festival de Cine de Ourense, e ten como obxectivo impulsar o uso do galego, coñecer a visión da infancia e da xuventude sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual.
-
A Asociación galega Músicas ao Vivo, a través da súa sección MAV Coruña, organizará na cidade de A Coruña un evento de 6 días baixo o nome de A Coruña Respira Música. As actividades previstas entre o 10 e o 15 de decembro contan co apoio económico do Concello da Coruña e o seu obxectivo é ofertar unha serie de actividades dirixidas aos músicos e músicas da cidade e da súa area metropolitana para contribuír á súa formación e darlle unha visión global sobre o sector musical e os seus retos.
-
Galicia estará representada na vindeira edición do Campus mundial sobre o cambio climático, que se celebrará en San José de Costa Rica en abril de 2019, grazas a un proxecto sobre o cambio climático do CPR Plurilingüe Cervantes, de Lugo. O proxecto deste alumnado consistíu na elaboración dun vídeo para sensibilizar sobre a necesidade de manter unha posición activa e acerca do cambio climático.
-
A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración con ABANCA, achegará os días 27 e 28 de novembro a toda a cidadanía a súa oferta formativa, investigadora e de transferencia de coñecemento na primeira edición dunha feira na que ademais dará conta da súa aposta decidida por difundir a cultura emprendedora entre o estudantado universitario.
-
O ciclo cultura Asaltos! clausurouse este sábado subindo ao ring creativo da Cidade da Cultura de Galicia á filóloga Chus Nogueira xunto aos poetas galegos Antón Blanco e Elías Portela, Premio Minerva e Premio Poesía Afundación, respectivamente, e arbitrados neste 'combate' por Silvia Penas, poeta, filóloga e vocalista do grupo Cinta Adhesiva.
-
O Centro Dramático Galego (CDG) e a compañía Pistacatro Produtora colaboran para ofrecerlles aos profesionais do circo e das artes escénicas galegas o taller O actor de circo, por un adestramento creativo, a cargo do italiano Roberto Magro.
-
A Xunta de Galicia recibiu hoxe en Sofía (Bulgaria) o premio á mellor administración pública para as empresas emerxentes innovadoras (Best Public Administration for startups) nos StartUp Europe Awards, unha iniciativa de innovación aberta promovida pola Comisión Europea e a Fundación Finnova en colaboración con Startup Europe.
-
A banda María Fumaça, capitaneada por Uxía, será a convidada este sábado na gala final do Quero Cantar en que se decidirán os grupos gañadores na modalidade de infantil e xuvenil da terceira edición do certame musical da Deputación da Coruña. A coñecida banda dará inicio á festa interpretando as cancións que máis populares se fixeron nos últimos anos entre as nenas e os nenos galegos.
-
O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, presidiu en San Xerome o acto de entrega de diplomas da segunda edición dos premios á excelencia do alumnado da USC en destinos internacionais e de promoción da USC nesas universidades. Os premiados son os que obtiveron a nota media máis alta dos créditos recollidos no certificado de notas que figuren no seu expediente.
-
O Esmorga Fest, a cita que reúne a todos os amantes da música indie e underground fóra das datas de verán, volve un ano máis a Sarria (Lugo). Xa se adiantaron tres dos grupos que formarán parte do festival. Toundra, Perro e Ànteros son as primeiras bandas dun cartel que conta co selo de calidade SON Estrella Galicia e que promete manter a liña ascendente que amosou desde a súa orixe.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- …
- seguinte ›
- última »