Notas
-
A sostibilidade agro-territorial centrará a temática do XII Congreso de Economía Agraria que se desenvolverá do 4 ao 6 de setembro na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC, un foro científico de carácter estatal para o que xa confirmaron a súa inscrición uns 130 investigadores de universidade españolas e iberoamericanas nas que se imparten estudos de agronomía e enxeñaría forestal, ademais de profesionais destes sectores, e no marco do que se presentarán 159 comunicacións e máis dunha decena de pósteres.
-
O control ambiental efectivo nos procesos de fabricación téxtil e autenticación e seguridade de téxtiles sustentables e o desenvolvemento de dispositivos de control medioambiental na súa fabricación centran os obxectivos do programa QC4SusTex, un proxecto aprobado na última convocatoria Conecta-Peme e dotado con 1,3 millóns de euros de financiamento ata 2020 que vén de ser presentado este martes na Facultade de Ciencias de Lugo.
-
Promovido polo Padroado do Pedrón de Ouro e o Concello de Mazaricos (A Coruña), organízase co fin de fomentar a literatura narrativa en lingua galega e homenaxear ao seu artellador, o pontevedrés Modesto R. Figueiredo. Poden participar autores e autoras de calquera nacionalidade, con unha ou máis obras en lingua galega, inéditas e que non se presentasen antes a ningún outro certame.
-
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, presentou este xoves, no embarcadoiro de Doade, a segunda edición da Heroica Gran Premio Deputación de Lugo – Regina Viarum. Terá lugar o vindeiro sábado no entorno da Ribeira Sacra.
-
La Agadic anunció la adjudicación de ayudas a 11 empresas gallegas para contribuir a la cobertura de sus gastos de asistencia a las ferias internacionales MICA (Mercado de Industrias Culturales Argentinas) y Womex (World Music Expo). Se busca así impulsar la distribución de nuestros productos culturales, favoreciendo la presencia de entidades gallegas en encuentros estratégicos para la proyección exterior de las industrias culturales.
-
O 22 de setembro xuntaranse no adro das festas de Darbo, Cangas, músicos e poetas para celebrar a 3ª Festa Proletaria. A comisión preparatoria do festival proletario estalle a dar as ultimas pinceladas o deseño da festa que terá lugar o 22 de setembro no adro das festas de Darbo, en cangas. Como en anteriores edicións xuntaranse musica e xogos tradicionais coa Poesía de Vázquez Pintor, Oriana Méndez, Isaac Chovín ou Iago Castro.
-
- A iniciativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente achegou relatorios, xogos e obradoiros a 228 concellos. - Concienciar a poboación da importancia de coidar o contorno natural é o principal obxectivo deste programa divulgativo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 254
- 255
- 256
- 257
- 258
- 259
- 260
- 261
- 262