Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • A USC mantense un ano máis no listado das mellores universidades do mundo que conforma o ránking Times Higher Education (THE) 2019, concretamente no intervalo 601-800 de entre preto de 1.300 institucións universitarias de todo o mundo. A ordenación das mellores universidades atende a cinco indicadores que se corresponden coas misións universitarias
  • O Galician Bizarre naceu hai unha década como un movemento que agrupaba bandas da escena underground galega, nas que as influencias musicais anglosaxonas máis variadas pasaban por un filtro do país. Ese espírito quedou plasmado en numerosos concertos e dous discos recopilatorios nos que apareceron grupos como Novedades Carminha, Terbutalina, Srasrsra, Fantasmage ou Telephones Rouges.
  • 2100 alumnos e alumnas dos centros plurilingües de Galicia poderán acreditar o seu nivel en lingua inglesa de acordo cos niveis B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Trátase da segunda vez que a Consellería habilita este procedemento para que os estudantes que cursan os seus estudos nos centros da Rede de Centros Plurilingües teñan a posibilidade de acreditar o seu nivel neste idioma.
  • Por terceiro ano consecutivo Regueifas de Ciencia, a serie de debates en formato Oxford arredor de temas científicos controvertidos, volve celebrarse na Facultade de Ciencias da Comunicación. Será o día 27 cando teña lugar a primeira, cunha sesión sobre a validez e seguridade da enerxía nuclear. O equipo favorable á enerxía nuclear contará con físico de neutrinos e profesor no IKERBASQUE Juan José Gómez Cadenas e co catedrático de física atómica e nuclear na USC, Bernardo Adeva Andany.
  • Destacados especialistas no ámbito da historia antiga, das relixións e da arqueoloxía reuniranse en Santiago entre este mércores 19 e o venres 21 no congreso internacional ‘ Prisciliano e Gallaecia: arqueoloxía e textos’, organizado polo grupo de investigación da USC ‘Síncrisis: investigación en formas culturais’, grupo de referencia competitiva da Xunta de Galicia baixo a coordinación do profesor Pedro López Barja de Quiroga.
  • O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá organiza un ano máis, e xa son 40, a Semana de Cine de Autor de Lugo, que ata o 21 de setembro proxectará na Cidade das Murallas máis de 165 cintas de países de todo o mundo organizadas en 13 ciclos: Sección oficial, Ciclo infantil, O mellor do ano, E para comer... Lugo, Arte e cine, Ciclo Cáceres, Grandes historias, Sección especial, Encontros de cine, Cine nostálxico, Curtas de cine e Cine galego. A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo botou a andar en 1979.
  • O Auditorio Municipal de Ourense acolle este xoves 20 e o venres 21 a estrea de Celebración. A gran noite, espectáculo co que a compañía Sarabela Teatro leva a escena un texto de Fernando Dacosta baixo a dirección do vigués Dani Salgado. Fina Calleja, Nate Borrajo, Sabela Gago, Elena Seijo e Fernando Dacosta interpretan a nova proposta da compañía ourensá, na que se verán os deseños de José Faro (escenografía), Baltasar Patiño (iluminación), Ruth Pereira (vestiario) ou Raquel F. Fidalgo (maquillaxe e caracterización).
  • A compañía Redrum Teatro estrea a comedia musical “Contos do Recreo”, o vindeiro domingo 23 de setembro ás 12.00 h. no Auditorio Municipal de Ourense. Trátase dun proxecto multidisciplinar composto por un espectáculo teatral e un álbum ilustrado co mesmo nome. Está dirixido a público familiar e conta cun grande contido educativo, xa que trata de concienciar sobre as consecuencias do acoso escolar, tal e como xa fixera no seu anterior espectáculo “A Nena Que Quería Navegar”, pero desta vez centrándose na figura dunha nena acosadora.
  • El Outono Códax Festival volverá el próximo 19 de octubre en la que será la octava edición del festival gallego de música negra. Y lo hará, un año más, acercando a Galicia lo mejor del género a través de su formato habitual, un ciclo de cinco grandes conciertos en el que combinará los sonidos más selectos del soul, el rythm&blues, el swing, el funk y el rock´n roll clásico. Como es habitual, el festival gallego de música negra completará su propuesta musical con distintas actividades paralelas.
  • O próximo luns vai ter lugar a inauguración oficial da XL edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, en breve acto que se celebrará ás 22,45 h. no Auditorio Gustavo Freire, con asistencia de autoridades representantes dos organismos copatrocinadores: Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo.