Notas
-
O programa Bocaberta, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, achega nos días previos ao Nadal a banda deseñada e a música aos mozos e mozas de entre 3 e 18 anos co fin de promover o uso da lingua galega entre os máis novos.
-
O programa de dinamización lingüística Bocaberta estrea un obradoiro de música tradicional para nenos e nenas. A Secretaría Xeral de Política Lingüística leva a cabo a actividade Canta música! da man de Pablo Díaz e Olga Kirk.
-
A 11ª edición do Cross, con 650 participantes procedentes de toda Galicia, e o torneo de xadrez centraron a actividades desta última xornada. A organización entregou máis de 4.000 medallas aos participantes nas distintos campionatos e concursos.
-
Galicia sitúase en todas as competencias por riba da media española e nos grupos intermedios respecto das Comunidades Autónomas. En comprensión lectora, a principal competencia avaliada, Galicia mellora 7 puntos.
-
Ata o 28 de febreiro exhíbese no Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago de Compostela, a mostra De Saladino a Sherezade. Oriente no cómic. O conselleiro de Educación destaca a interculturalidade da sociedade galega.
-
Os 23 finalistas do certame Xuventude Crea, nas especialidades de deseño de xoias e artes plásticas, expoñen as súas obras en Santiago de Compostela ata o 4 de decembro. Arredor duns 300 mozos e mozas da comunidade presentaron un total de 186 obras artísticas a unha edición con 11 disciplinas creativas.
-
A deseñadora pontevedresa foi recoñecida tamén coa Mención de Honra ao Deseño máis Creativo e a Mención de Honra do Euroclustex pola súa colección Oxford versus Cambridge. Patricia Avendaño presentou a súa nova colección.
-
A Deputación publica a listaxe da admitidos e excluídos provisional no taboleiro de anuncios e web, e os días 22 e 23 convocará ós solicitantes no INLUDES para continuar co proceso que inclúe unha entrevista persoal e unha proba en inglés.
-
Artistas de renome como Joe Lovano, Stefano Bollani ou Victor Bailey ofrecen o seu virtuosismo ao público lucense no XX Festival de Jazz que se desenvolve entre o 11 e o 20 de novembro e que incorpora o edificio do Vicerreitorado da USC como novo esceario. O festival enmárcase no ciclo Galicia ao Vivo do Xacobeo 2010.
-
Os días 12, 26 e 27 de novembro a Sala Capitol e Arteria Noroeste serán os escenarios onde se desenvolverá este certame de cultura urbana. O programa de Microfest inclúe as actuacións de artistas como o rapeiro Tote King ou o galego Rack Eterno.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 174
- 175
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- …
- seguinte ›
- última »