Notas
-
l Cardenal Ennio Antonelli ofrecerá una conferencia el sábado en el auditorio de Caixa Galicia
-
O Cidade de Lugo Fluvial proclamouse campión de España de Tríatlon por clubs na categoría cadete feminina na proba celebrada en Pulpi (Almería). O equipo galego, campión de España, está formado por Laura Blanco, Eva Basanta, Diana Cotón e Alba Iglesias.
-
A Consellería de Educación convoca as axudas para a compra de libros de texto dos estudantes de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria. As familias poderán presentar a solicitude en setembro.
-
A semana animada de Xacobeo 2010 acolle na Coruña a proxección gratuíta de oito películas de animación de Filmax entre o 23 e o 26 de agosto. As entradas para ver, entre outras, Donkey Xote; Pérez, o ratiño dos teus soños ou Nocturna, poden recollerse de balde nos Cines Filmax A Coruña 3D.
-
Xa están á venda as entradas para asistir ao concerto que o mítico cantautor canadense Leonard Cohen ofrecerá o vindeiro 12 de setembro a partir das 21.00 horas no Pavillón Paco Paz de Ourense, dentro da programación deseñada para o Camiño da Música de Xacobeo 2010.
-
O director xeral de Cultura inaugura a exposición Novos valores 2010 como mostra da “calidade creativa, das propostas innovadoras e os nomes que expresan a súa forza”. A exposición aposta "pola renovación sobre o respecto conseguido, pola nova creación e os novos valores".
-
A EIS oferta 44 prazas para poder cursar o vindeiro ano os ciclos superiores en Realización e Produción de Audiovisuais, dotados con 2.000 horas lectivas. No primeiro módulo cubríronse todas as prazas e, no segundo, o 63%, polo que agora ábrese o prazo de matrícula libre ata cubrir as 8 que faltan no de Produción.
-
O artista escocés Mark Knopfler ofrece no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela un dos principais concertos do Xacobeo 2010 no que presenta o Get Lucky Tour.
-
Os monitores da campaña terán unha presenza directa durante os próximos meses nas noites de moitas festas de Galicia. Levaranse a cabo obradoiros de seguridade e educación viaria nos campamentos xuvenís de verán dirixidos aos participantes de 15,16 e 17 anos.
-
A titular da área da Xunta explicou que o Goberno galego impulsa o programa empresa-concepto para a análise e asesoramento de cara á materialización de proxectos nacidos no ámbito universitario.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- …
- seguinte ›
- última »