Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Trátase do evento que organiza o Taller de Solidariedade, coa colaboración de Deputación e Concello de Lugo para promover e impulsar novos hábitos de consumo que veñan directamente da man de alternativas de consumo diferentes e responsables. Esta xornada está enmarcada no proxecto Adestro Conciencia que contou con 10 actividades e na que participaron 5 centros e clubs da provincia. Reuniu a máis de 1000 participantes dos cales 300 eran lucenses.
  • Supermercados Gadis se ha alzado con el Premio Excelencia a la Salud 2018 en la categoría de Alimentación Saludable por su programa de visitas escolares 'Alimentes'. La distinción se ha producido en el marco del evento SaludFestival. A través de “Alimentes”, Gadis fomenta hábitos de vida saludable y consumo responsable entre más de 8.000 alumnos de Educación Infantil y Primaria de Galicia y Castilla y León.
  • O Concello de Ourense presentou hoxe o programa de actividades da Semana do Medio Ambiente, “deseñado dunha forma transversal, implicando diferentes servizos e concellerías, para concienciar os nosos cidadáns, pero especialmente os máis pequenos, da importancia de conservar o Medio Ambiente”, aseguraba o concelleiro José Araújo.
  • Concertos exclusivos con ukelele, charlas, obradoiros infantís, mercadillo de deseño, zona de xantar con postos de comida ou intervencións artísticas en directo son algunhas das propostas que se poderán gozar este fin de semana dentro do Castelo de Ribadavia con motivo do Ukp Day, o primeiro festival de ukelele de Galicia. O 2 de xuño a iniciativa celebra a súa terceira edición, consolidándose como o primeiro festival de música que abre a tempada festivalera de “verán”.
  • Arantxa Portabales, Francisco X. Fernández Naval y Marcos Calveiro son los finalistas gallegos de la XXIV edición del Premio San Clemente Rosalía-Abanca, por las obras 'Deixe a súa mensaxe despois do sinal', 'Alba e o mar' y 'O cemiterio dos ingleses', respectivamente, las tres editadas por Galaxia. Los finalistas en lengua castellana y extranjera son Pedro Mairal, David Trueba , Antonio Orejudo, Robert Seetheler, Han Kan y Mircea Cărtărescu.
  • Galicia Calidade volve colaborar co Festival de Cans, que se celebra do 24 ao 27 de maio nesta localidade do Porriño (Pontevedra), difundindo entre o público asistente a importancia de contar con produtos certificados. Deste xeito, ás 11.30 horas, na Leira de Alicia, o barista e recentemente galardoado como mellor tirador de Galicia de cervexa e terceiro do mundo, Óscar de Toro, fará unha degustación de café.
  • A entrega á USC da biblioteca persoal de Ramón del Valle-Inclán, así como do arquivo familiar, documentación sobre representacións teatrais das obras do autor, traducións e outros documentos diversos permite “unha imaxe da totalidade” respecto de Valle-Inclán e, en definitiva, o acceso “ao taller do escritor”. Con esta metáfora, a directora da Cátedra Valle-Inclán, Margarita Santos Zas, describía a importancia da cesión á USC do legado do escritor.
  • “Docente excepcional, María Victoria Moreno foi unha escritora que axudou a conformar o sistema literario infantil e xuvenil nun contexto adverso, polo que podemos afirmar que foi pioneira desta literatura”. Así comezaba a profesora Blanca Roig Rechou a súa intervención no acto do Día das Letras Galegas que cada ano celebra a Universidade de Santiago, nun concorrido acto no Salón Nobre de Fonseca presidido polo reitor Juan Viaño e coa asistencia de numerosas autoridades académicas, políticas e civís.
  • BFlecha, Carla Green & The Demons, The Lákazans, Wondermind, Bea a de Estrella, Glitchgirl e The Big Lis Gumbo Band súmanse ao cartel desta 32º edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará na Coruña do 7 ao 12 de agosto de 2018. Con elas, as prazas, rúas e museos da cidade inundaranse dos sons máis arriscados e eclécticos con acento galego.
  • A terceira edición de Xornalismo na Escola "la Caixa" rematou coa escritora e xornalista Elena Gallego como convidada especial no obradoiro realizado no IES Ferro Couselo de Ourense. A iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e da Obra Social "la Caixa" chegou nos últimos meses a uns 2800 alumnos de 45 centros de ensino secundario de 33 concellos galegos.