Notas
-
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria de axudas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) no curso académico 2018/2019. Preténdese con estas axudas mellorar as perspectivas dos universitarios en paro para a súa incorporción ao mercado laboral.
-
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou hoxe unha nova aplicación móbil que ten como obxectivo loitar contra as agresións sexuais. A ferramenta, a primeira destas características dunha comunidade autónoma, elaborouse en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. Tamén participaron a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, Fernando Suárez.
-
O programa de dinamización da lectura Ler conta moito achega neste mes de agosto 56 actividades a 35 concellos de toda Galicia. A convocatoria de axudas deste ano, dotada con 195.000 euros, e que se resolveu en maio, posibilita que 228 bibliotecas e axencias de lectura municipais de 173 municipios se beneficien ata finais de outubro das actividades que ofrece este proxecto.
-
O río Miño será o protagonista o próximo sábado, 18 de agosto, en Tui coa celebración do 47º Descenso Internacional do Miño e o 8º Descenso Popular do Miño organizado polo Club Kaiak Tudense Axuda Paramos, o Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo. As dúas probas reunirán a máis de 1400 padeeiros batendo todo un récord de participación a catro días de que se peche a inscrición.
-
As artes escénicas galegas teñen unha nova cita no Carballiño, do 22 ao 24 de agosto, con motivo da celebración da XXIX edición do Festival de Teatro Galego (FETEGA), que foi presentada hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense polo deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; e a directora do FETEGA, Josi Lage.
-
Las pistas del Club de Campo de Vigo acogerán desde el sábado a las raquetas más prometedoras del panorama internacional en la 78ª edición del Torneo Internacional de Tenis de Vigo. Será una semana en la que el Club de Campo estará abierto para que todos los aficionados de Vigo y su área metropolitana puedan ver a los jugadores que podrían protagonizar el tenis en los próximos años.
-
Seis días de conciertos eclécticos, más de 80 bandas y artistas imprescindibles, 14 escenarios urbanos emblemáticos, 150 horas de música en vivo y una marcada presencia femenina definen al 32º Festival Noroeste Estrella Galicia, que un año más convertirá A Coruña en un hervidero de propuestas musicales singulares del 7 al 12 de agosto.
-
O IV Festival Intercéltico O Son do Pazo terá lugar os días 31 de agosto e 1 de setembro no municipio pontevedrés de Mos, cun cartel que conta con actuacións coma as de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Leilía, o grupo irlandés Backwest e a banda de gaitas Airiños do Castelo, así como cos concertos de H2folk, Xulio Lorenzo e Andoa.
-
Un verán máis, o programa de dinamización lingüística O galego campa! chega aos campamentos de verán da Xunta de Galicia cos obxectivos de favorecer neles a actividade en galego e mais de facilitarlle ao monitorado formación e recursos para o desenvolvemento de dinámicas que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua, de acordo coas liñas que se establecen no Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade.
-
O Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece desde hoxe e durante todo o mes de agosto unha serie de actividades e charlas divulgativas para achegar aos seus visitantes ao mundo da astronomía. As actividades son de carácter gratuíto e están dirixidas a todos os sectores da poboación, incluído o público infantil. Serán organizadas pola Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- …
- seguinte ›
- última »