Notas
-
A través do Proxecto Runas convoca aos grupos emerxentes que buscan facerse un sitio no panorama folk. As tres mellores bandas protagonizarán a última xornada do certame celta, que se celebrará entre o 8 e máis o 11 de xullo, competindo en directo polo cartel do 2011.
-
A Conferencia de Universidades aproba a proposta da Consellería de Educación de dar 400 prazas de novo ingreso para Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Deste xeito amplíase a oferta para os estudantes que desexen cursar esta titulación en Galicia.
-
A longametraxe Todos vós sodes capitáns, do cineasta galego Oliver Laxe, gaña o Premio Fipresci do Festival de Cannes (Francia), na sección da Quincena dos Realizadores da mostra. O presidente da Xunta felicitou ao cineasta premiado internacionalmente.
-
O novo reitor ou reitora da USC, os representantes no Claustro Universitario e nos Consellos de Departamento da universidade compostelá nos campus de Santiago e de Lugo serán elexidos por un total de 33.565 persoas que están chamadas a votar. Estrénase o e-voto nunha experiencia piloto.
-
As máscaras da compañía alemá Familie Flöz presentan a comedia negra Hotel Paradiso que combina humor, misterio e melancolía nunha historia que comeza cando a aparición dun cadáver racha a aparente tranquilidade dunha idílica hospedaría.
-
En colaboración con todos os axentes implicados a través dun plan de acción dotado con 800.000€, fomentarase o uso do software libre en Galicia. Destinaranse 265.000 euros a promover 60 accións das asociacións galegas de usuarios e empresas de software libre e das tres universidades.
-
A USC acolle unhas xornadas de debate sobre distintos retos do século XXI, entre eles as reivindicacións dos libres espazos para a difusión e a circulación de productos audiovisuais nun contexto multimedia e de redes.
-
A entrega dos premios efectuouse no marco da Festa da Lingua promovida por Ferega co obxectivo de promocionar o uso do galego no ámbito do ensino e na que participan centos de estudantes de diversos centros educativos.
-
Esta actividade enmárcase nas iniciativas postas en marcha por ambas institucións para conmemorar os 25 anos do ente autonómico.
-
A mostra, promovida por Gálix, vese un resumo do curso seguido pola creación galega ata a actualidade. A mostra itinerante arranca na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago o seu percorrido por Galicia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- …
- seguinte ›
- última »