Notas
-
A Consellería de Cultura e Turismo convoca por primeira vez 56 bolsas de formación especializada para a realización de prácticas nos municipios declarados de Interese Turísitico de Galicia, no marco do Ano Santo no que se prevé un incremento de visitantes. -
A cadea de hoteis de luxo é a primeira en acudir ao Centro Superior de Hostelería de Galicia buscando alumnos para dirección hoteleira. Agárdase a visita de Barceló, NH, Sol Meliá, Fiesta, Marriott, Sheraton, Vincci, AC, Hesperia, Accor, Riu, Paradores, Iberostar o Hyatt. -
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia convértese no primeiro centro público galego en asociarse co Linux Professional Institute (LPI) que oferta unha variada gama de certificacións, que teñen un recoñecido prestixio e validez a nivel mundial.
-
A redacción da primeira convocatoria de axudas á creación do cómic galego elaborouse ao abeiro das esixencias da lei de subvencións de Galicia e o seu regulamento, cumprindo todos os trámites.
-
Os tres rapaces representarán a Galicia na fase nacional, que se celebrará en Valencia en marzo de 2010. Á Olimpíada concorreron 75 estudantes de toda a comunidade galega. As universidades galegas ofrecen aos premiados unha axuda en material informático.
-
A revista de cómic galego Galimatías, do programa Bocaberta, chega ás librerías nun volume recompilatorio dos primeiros 20 números que publica El Patito Editorial para achegar aos máis novos as melloras series de banda deseñada en galego. -
Novas Xeracións do PPdeG di que a cea con Feijóo finalmente quedou en 1.300 euros na subasta benéfica na que se recaudaron preto de 3.000 euros que se invisten en agasallos de Reis para nenos e nenas, e en proxectos de Cruz Vermella. -
Os alumnos de Jazz da Escola Superior de Música da Coruña puideron falar, a través de videoconferencia, cos coñecidos músicos norteamericanos Steve Brown e Walter White, e cos galegos Alberto Conde, Roberto Somoza e Kin García. -
O certame comprende un total de 11 especialidades, nas que podían participar persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, e entre as que figuran: teatro, artes plásticas (pintura, escultura, fotografía e instalacións), deseño de xoias, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti e carteis.
-
A Consellería de Educación ampliou o número de prazas do máster que substitúe ao CAP dende as 600 previstas ata as 740 actuais. O venres 18 de decembro celébrase unha mesa sectorial para aprobar os procedementos para acreditar os centros e titores do Practicum.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- …
- seguinte ›
- última »

