Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Unha nova exploración arqueolóxica da Cova Eirós, situada na parroquia lucense de Cancelo (Triacastela), proporciona datos novidosos sobre a Prehistoria das montañas luguesas. Os traballos desenvolvidos ao longo deste verán dan continuidade e amplían as escavacións precedentes dos niveis do Paleolítico medio e permiten documentar as manifestacións de arte rupestre no seu interior.
  • Comezando a campaña (Re)Coñecer, promovida pola Rede Museística provincial de Lugo, está aberta na sala de exposicións da Deputación de Lugo a mostra de dúas coñecidas artistas lucenses, Concetta e Luisa Paz Montenegro. Na inauguración da mostra participaron a Deputada de Cultura, Iria Castro; a directora do Museo provincial, Aurelia Balseiro, e a Xerente da Rede, Encaarna Lago.
  • O Recorda Fest fixo hoxe públicos os horarios dos 14 concertos que se celebrarán durante os días 8 e 9 de setembro no Peirao de Batería da Coruña. O venres a apertura de portas será ás 16:30 horas, e o sábado ás 16:45 horas. Despistaos será o grupo encargado de inaugurar un festival para todas as idades e que conquistará a pequenos e maiores, nun show de 17:00 a 18:00 horas. A continuación, será Miss Caffeína quen se suba ó escenario, de 18:30 a 19:30 horas.
  • A suma de factores como o consumo excesivo de recursos fósiles, o incremento da poboación mundial e o aumento de residuos que esta xera, así como a súa incorrecta xestión, demanda novos modelos de produción baseados en recursos renovables. Poder transitar cara ao establecemento de modelos alternativos baseados en procesos biotecnolóxicos a gran escala pasa por demostrar a súa capacidade produtiva, viabilidade económica e potencial sostible.
  • A Universidade de Vigo volve un ano máis a estar entre as 600 mellores universidades do mundo. O Academic Ranking of World Universities (máis coñecido como ránking de Shanghai) do mes de agosto sitúa a UVigo no tramo das 501-600 mellores institucións académicas (a primeira do Sistema Universitario de Galicia e entre as 14 máis destacadas de España). Por ámbitos de coñecemento, sobresae a súa posición en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, onde está entre as 75 mellores.
  • O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC organiza o Congreso internacional. 'As culturas dos coidados e os feminismos', un encontro que se desenvolverá os días 28 e 29 de setembro na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo.
  • Vén de publicarse o cartel anunciador da Semana de Cine de Lugo, na súa edición XLV, que se celebrará do 18 ao 23 do próximo mes de setembro. O motivo principal do cartel é unha foto de agosto de 1914, da rodaxe en Lugo do cineasta José Gil, desde un automóbil que circulaba polo adarve da Muralla lucense.
  • Durante o mes de agosto, o persoal do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC ofrece baixo o título ‘Noites Astronómicas’ sesións de divulgación en diferentes localidades galegas. A primeira delas terá lugar na noite das Perseidas, o sábado 12 de agosto, en Lalín, unha localidade que recibiu no mes de abril a certificación como Destino Turístico Starlight, o quinto de Galicia.
  • Espazos Sonoros une música e patrimonio nunha experiencia que permite descubir a riqueza patrimonial, cultural e etnográfica da provincia. Santa María dos Ánxeles (Brión), San Martiño de Xuvia (Narón), San Pedro de Soandres (A Laracha), o Muncyt da Coruña ou a lonxa de Fisterra serán os privilexiados escenarios, con grupos e solistas consolidados do país e formacións internacionais coma Ugía Pedreira, Hulegas Ensemble, Grupo Instrumental Siglo XXI ou Almalé.
  • O 20º aniversario do SonRías Baixas, celebrado os días 2, 3, 4 e 5 de agosto no recinto Multiusos da Estacada de Bueu, finalizou con récord histórico de asistencia e valoracións positivas sobre o seu desenvolvememnto por parte tanto do público como dos artistas implicados. O festival continúa un ano más siendo una de las citas de referencia del verano en las Rías Baixas. As xornadas, que nesta edición engadiron unha festa de presentación o mércores para dar a benvida aos asistentes, desarrollouse con total normalidade e sen incidentes.