Notas
-
Unha clara aposta pola diversidade e polos valores emerxentes, así se presenta unha MIT que reúne máis de vinte espectáculos e varias actividades escénicas complementarias arredor do lema “memoria, cohesión e innovación”. Querer descubrir as creacións da xente moza do panorama estatal, moitas delas recoñecidas con premios revelación e de novos talentos, ese é o espírito dunha MIT que tamén mira para aquela mocidade de Abrente que con valentía e ilusión afrontou un movemento revolucionario.
-
Faltan 15 días para comezar o festival de cultura urbana Rompetiño Jump 2023. O equipo do Rompe xa ten pechada toda a programación cultural e deportiva que se vai desfrutar nas xornadas do primeiro fin de semana de xullo. Este ano continuarán os deportes estrela na Zona Skatepark, o BMX e o Skate. Alí se celebrarán as competicións deportivas destas disciplinas en dúas categorías, a junior e senior, masculino e feminino.
-
Novos investigadores da comunicación, procedentes de universidades de España e América Latina, reúnense na Facultade de Comunicación da Uvigo con motivo do IV Doctorial da Asociación Española de Investigación en Comunicación. Organizado pola asociación e a facultade, trátase dun evento dirixido a pór en contacto investigadores que traballan actualmente nas súas teses de doutoramento con “académicos e académicas de referencia no noso país”.
-
O auditorio Mar de Vigo acolle dende o mércores e ata o venres a cita anual de EUNIS, a organización europea de sistemas de información universitarios. Esta edición, coordinada pola Universidade de Vigo, ten como lema Universidades europeas e transformación dixital. Retos e oportunidades e nela participan 210 asistentes de 24 países, principalmente de Europa.
-
O programa da novena edición do Fancine de Lemos presentouse esta mañá en rolda de prensa na Casa do Concello de Monforte. O festival, referente galego do cinema fantástico, chega este ano á súa novena edición con cinco días de proxeccións de curtametraxes, longametraxes e actividades paralelas arredor da produción e distribución de proxectos cinematográficos e da arte da creación de pezas e obxectos de terror.
-
A Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense acolleu este martes a celebración da xornada Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro. A cita estivo organizada polo Nodo CIBER.gal en colaboración con esta escola da UVigo e co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
-
Vigo convértese deste este mércores e ata o venres en sede internacional do coñecemento en nanociencia e faino grazas á celebración no campus da segunda edición de The Thinking Institute, un encontro coordinado polo catedrático Luis Liz Marzán no que se brinda as e aos participantes a oportunidade de interactuar cos mellores especialistas en nanociencia a nivel mundial e abordar ao seu carón os desafíos que expón a ciencia en nanomateriais.
-
O grupo de investigación en Sistemas Intelixentes, coordinado polo profesor da USC Alberto Bugarín, acaba de ser recoñecido pola Real Academia Galega de Ciencias co galardón ‘Fernando Calvet Prats’ a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía. Este grupo, pertencente ao Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), recibe o premio polo desenvolvemento dunha tecnoloxía en minaría de procesos e xeración de linguaxe natural referente a nivel mundial.
-
O ránking Times Higher Education Impact University Ranking (THE Impact), que recoñece as universidades de todo o mundo polo seu impacto social e económico baseado nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Organización das Nacións Unidas, vén de facer público o seu informe no que sitúa á Universidade da Coruña no posto 13 das universidades do mundo en Educación de Calidade, acadando así un resultado histórico.
-
Dez propostas achegarán de novo a música dos séculos XX e XXI a Compostela, nunha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea, en cuxa organización intervén a USC, que terán lugar do 1 ao 27 de xuño en varios espazos da cidade, con entradas de balde. As XMC están organizadas por Auditorio de Galicia e o Centro Galego de Arte Contemporánea, e contan co apoio económico da Deputación da Coruña.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- seguinte ›
- última »