Notas
-
O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) acolleu a presentación do espectáculo de Edicións Bolanda que levará á coñecida Familia Bolecha e as súas músicas a once localidades, como Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo, Burela, Santiago de Compostela, Cangas, Ourense, Narón, Lugo, A Coruña e Vilalba do 22 de decembro ao 8 de xaneiro.
-
O espazo adicado á vangarda creativa galega, no espazo da Cidade da Cultura, exhíbense obras de Cañamero, Eireos, Moreno Carretero, Esteve Reig, Ramírez Ariza e Martínez Muñiz, gañadores do III Encontro de Artistas Novos.
-
Gciencia, Miriades e Viaxe aos recordos, tres dos catro proxectos seleccionados polo programa iProx do Colexio de Xornalistas e de Novagalicia Banco, veron onte a luz despois de catro meses de traballo. O cuarto, Galicia Soa, estará listo a finais do mes de decembro.
-
A cantautora arxentina filla de galegos Lorena Lores combina o tango e o folk na súa actuación na SGAE e os grupos de Marcelo Dellamea e de Davide Salvado comparten escenario no CGAC. MICatlántica peza os espazos Expo, Lab e Fórum na Cidade da Cultura.
-
Os proxectos gañadores contarán coa incorporación de balde durante doce meses ao espazo de coworking Emprende Cultura Gaiás, e asistencia ao maior meeting show de artes escénicas celebrado en España: o Zinc Shower. Búscanse ideas innovadoras en tres categorías: proxectos culturais en internet, deseño e xestión cultural.
-
Alumnos e bolseiros da EIS, co apoio do persoal técnico da TIC, realizarán a emisión en streaming da festa, que tamén poderá seguirse in situ a través de dúas pantallas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A colaboración inclúe a elaboración dunha reportaxe, a edición dun DVD divulgativo e a rodaxe dunha curta durante a celebración do evento.
-
O Centro Galego de Artes da Imaxe ofrece un ciclo sobre o novo cine polaco que está a vivir unha puxanza con directores como Smarzowski, Król ou Kidawa-Blónski. A sección Off Galicia presenta 6 novos filmes e o cine portugués protagoniza outras dez xornadas.
-
Os fogares galegos con estudantes maiores de 16 anos son os que máis contratan servizos de banga larga, según os datos do Observatorio da Sociedade da Información adscrito a Amtega que publica o estudo “Os mozos e as TIC”.
-
A Consellería de Cultura e Educación leva a actividade o domingo á tarde a Fisterra, no marco do programa FalaRedes 2013. As pombas de Carboeiro plantéxase para dinamizar o uso do idioma entre a mocidade a través das bandas de música municipais galegas. “As pombas de Carboeiro” combinan lingua narrada e dramaturxia, monicreques e música.
-
O Centro Dramático Galego e Teatro do Noroeste coproducen no Salón Teatro esta montaxe, con dirección escénica de Eduardo Alonso a partir desta obra de teatro infantil escrita por Roberto Vidal Bolaño. Tamén haberá sesións abertas ao público nas fines de semana.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 156
- 157
- 158
- 159
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- …
- seguinte ›
- última »