Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • A edición de 2014 do Festival das Revenidas de Vilaxoán conmemora entre o 22 e o 24 de agosto o vixésimo aniversario do "rock bravú" e presenta máis de 20 concertos a cargo de 35 formacións galegas. Integran a carteleira grupos como Diplomáticos de Monte Alto, Heredeiros da Crus, Rastreros, Ulträqäns, Sés, Nao, Dakidarría ou Terbutalina.
  • Nunha contorna única, o ciclo propón concertos e espectáculos multidisciplinares con recoñecidas propostas artísticas galegas e internacionais, como Doa, Xoán Curiel, o cuarteto Skirion, o coro Ultreia, laReverdie e o tenor italiano Marco Beasley en “percorridos polas antigas melodías europeas”, , xunto con “novas propostas escenográficas e de canción de autor galegas”.
  • Esta iniciativa ten por finalidade fomentar a condución segura e responsable entre a mocidade galega así como as boas prácticas ao volante a través da campaña Libre. Xuventude chega a 16.000 persoas ao día vía Facebook, Twitter e Tuenti.
  • Coa nova tituación, a USC abordará os aspectos artístico, estético, sonoro, loxístico, de xestión, produción e comercialización da industria musical actual para conformar unha xeración de profesionais capacitados para a xeración de activos, a creación de valor engadido e a xestión de recursos artísticos e loxísticos na música.
  • As emisoras municipais de radio de Boiro, Melide, Ames, Negreira, Arzúa, Cerceda, A Estrada, Redondela, Valga, Arousa, Tui, Foz e Burela difunden, a través dunha charla cun membros do equipo de dinamización da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a información máis interesante para a mocidade.
  • A programación dá comezo o venres27 de xuño cun pregón a cargo do director Andrés Lima, presenta por vez primeira en Galicia os últimos espectáculos das compañías de Miguel Ángel Solá, Paco Mir e Sol Picó.
  • A nova programación do Festival Internacional do Mundo Celta, que inclúe grupos como The Chieftains e Milladoiro, foi presentada polo secretario xeral de Cultura e polo alcalde de Ortigueira. "Lévalo dentro. Sínteo" é o lema da nova edición do festival, que se celebrará do 17 ao 20 de xullo en Ortigueira.
  • Estudantes de entre 9 e 18 anos de Cangas, Fornelos de Montes, Narón e Sada exhiben e dialogan sobre cinco curtametraxes nas que amosan actividades ou espazos das súas localidades. A iniciativa forma parte dun programa pedagóxico internacional que coordina en Galicia o CGAI dentro do Plan Proxecta da Dirección Xeral de Innovación Educativa.
  • A quinta edición do encontro abriu o seu programa centrado na produción audiovisual do país oriental como parte da celebración do Ano Dual España-Xapón. O Centro Galego das Artes da Imaxe é unha das cinco sedes dun evento que se complementa con instalacións, exposicións, performances e encontros con cineastas.
  • Tras sus sold outs en Madrid y Barcelona la banda actuará en la Plaza de la Quintana de Santiago de Compostela.