Notas
-
O presidente da Xunta confirma que Galicia será, un ano máis, a comunidade coas taxas universitarias máis accesibles de España ao conxelar as matrículas de grao para o curso 2014-2015, tanto en primeira como en sucesivas convocatorias.
-
A nova compañía dos humoristas Fran Campos e Francisco Ameixeiras representa A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres no Salón Teatro de Compostela os días 10 e 11 de maio. Evaristo Calvo dirixe este espectáculo que, a partir da linguaxe xestual e o enxeño, presenta unha chea de situacións cómicas e orixinais sobre o choque de culturas. -
O XI Festival de Cans, que terá lugar do 21 ao 24 de maio, ofrece un programa con 17 curtas e 18 videoclips a concurso e un amplo cartel paralelo con estreas de longametraxes, concertos, coloquios, presentacións e a os 20 anos da eclosión do rock galego. -
O espazo compostelán é a sede central da XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia que organiza a Aula de Teatro da USC coa participación de once compañías das tres universidades galegas. O programa esténdese ata o mércores 30 de abril con funcións de entrada gratuíta. -
O último libro da escritora galega de literatura infantil Fina Casalderrey, Cuca e o abrigo marrón, está ilustrado por Patricia Castelao, editado por Rodeira-Edebé, e presentouse diante de escolares na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela. O libro narra a historia dunha cadela vagabunda que aprende a confiar no abrigo marrón para manter aos seus cadeliños. -
O autor ou autores/as do proxecto de empresa innovadora distinguido na modalidade de empresa de base tecnolóxica, percibirán un premio de 2.000 euros, ademais de ter a posibilidade de acadar ata 24.000 euros de financiamento.
-
CESGA, USC y UDC consiguen aunar los apoyos de las grandes multinacionales tecnológicas para fomentar formación especializada en Galicia en una profesión que no conoce el paro. IBM, HP, BULL, Fujitsu, AMD, Amazon y Gompute secundan el programa interuniversitario de Máster en Computación de Altas Prestaciones y envían oteadores para pescar talento gallego.
-
A nova plataforma de aprendizaxe virtual contará cun investimento inicial de 3,6M€ e, nela, os alumnos poderán acceder a contidos curriculares completos e gratuítos facilitados pola Xunta, e a aqueles elaborados polos propios docentes dos centros educativos galegos.
-
Os proxectos gañadores das 3 categorías -culturais en internet, deseño e xestión- contarán coa incorporación de balde durante doce meses ao espazo de coworking "Emprende Cultura Gaiás", asistencia ao maior meeting show de artes escénicas "Zinc Shower” e asesoramento de Agadic.
-
FalaRedes 2014 para dinamizar o galego entre a xente miúda inclúe ata finais deste ano cinco propostas de dinamización lingüística para diferentes públicos, con especial incidencia na infancia e na familia. O concerto Toc Toc para nenos de 3 a 10 anos abre o programa en Ourense e percorre os concellos que integrn a Rede de Dinamización Lingüística.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 154
- 155
- 156
- 157
- 158
- 159
- 160
- 161
- 162
- …
- seguinte ›
- última »

