Notas
-
O servizo Quérote+ da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, realizou máis de 1.300 probas de detección en fluído oral de anticorpos de VIH no organismo, desde que se puxo en marcha este recurso en abril de 2011, en colaboración coa Consellería de Sanidade. Esta proba ten cada vez unha demanda máis elevada, das 193 probas que se fixeron no 2011, pasouse ás 366 no 2012, 430 no 2013, e xa só nestes primeiros meses do ano téñense feito 312 probas.
-
Nace a Fin de Semana de Fútbol Feminino para normalizar a práctica desta modalidade entre as galegasPonse en marcha a I Fin de Semana de Fútbol Feminino, co que se pretende recoñecer e poñer en valor o fútbol feminino galego, ademais de promover esta modalidade deportiva entre as mulleres. Este certame terá lugar nas localidades de Pontevedra e Poio desde o venres 22 ao domingo 24 de agosto, organizado por Galifútbol.
-
O Festival XI Revenidas, que se celebra en Vilaxoán na Ría de Arousa os vindeiros 22, 23 e 24 de agosto xa ten gañador do II Concurso de Grupos Emerxentes Revenidas. O grupo de Ames Biribirlocke consolídase deste xeito coma unhas das bandas galegas de recente creación con maior proxección.
-
Son moitas as horas nas que a música de Samarúas ten soado na cidade pero sempre en forma de ensaio. É na Coruña onde pasan a maioría de horas preparando os seus temas, pero pese a isto todavía non houbo posibilidade de poder velos en directo, algo que será efectivo o mércores 20 dentro da Festa da Fresa de Eirís. Samarúas comezaron en maio os seus concertos desta tempada, e dende a Festa Amanexa de Oleiros foron a Aguiño a tocar no Son do Barbansa cuns referentes na música galega coma Heredeiros da Crus.
-
O servizo Quérote+, lanza este verán a campaña ‘Gústasme porque es ti’, que percorrerá 20 concellos galegos co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre unha imaxe corporal libre de estereotipos. Na época do verán os mozas e mozos poden non sentirse a gusto co seu corpo, como consecuencia das imaxes e os roles que se reciben no día a día dos modelos de beleza actuais estereotipados.
-
El alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, y el presidente de la Diputación, Diego Calvo, han mantenido una reunión de trabajo para iniciar los trámites para que A Coruña sea elegida sede de la fase final de la 80ª Copa de S. M. el Rey de la ACB de la temporada 2015 -2016. “A Coruña continúa así con decisión y paso firme el camino para albergar otro gran evento y estrechar aún más sus lazos con este deporte que tantos aficionados tiene en la ciudad”.
-
Do 1 ao 30 de setembro, os que así o desexen poderán enviar a Sogama a súa mellor foto ambiental correspondente a este verán. Con iso terán a oportunidade, tal e como se recolle nas correspondentes bases, de participar no sorteo dun curso de kitesurf para dúas persoas (incluído o correspondente xantar), na localidade lucense de Barreiros, encargándose de impartirlo unha empresa especializada na materia.
-
O fotógrafo Igor Gonzalo mostra no Ateneo Ferrolan a 6ª edición do proxecto VOYAGE, dedicado ao Marrocos máis oculto e descoñecido. O artista castelán elixe a cidade de Ferrol para abrir a súa 6ª exposición itinerante baixo o selo 'Voyage', que este ano ten como protagonista única a Marrocos. Nesta exposición recóllense 39 fotografías a gran formato que explican graficamente e baixo unha mirada fotoperiodística a realidade dos que habitan en Marrocos.
-
O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, visitou esta mañá o campamento de Verán Campagal 2014, unha iniciativa da asociación Revolta Natural, organizada en colaboración coas áreas de Benestar e de Normalización Lingüística da institución provincial.
-
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 fai unha serie de recomendacións co fin de mellorar a calidade de vida dos galegos no verán. As vacacións e o bo tempo fan que a poboación aumente a práctica de actividades ao aire libre e os desprazamentos polas estradas, o que incrementa os riscos de sufrir lesións tipicamente estivais causadas por accidentes de tráfico, caídas a distinto nivel e mergullos en augas pouco profundas, así como lesións producidas por unha exposición prolongada ao sol.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 152
- 153
- 154
- 155
- 156
- 157
- 158
- 159
- 160
- …
- seguinte ›
- última »