Notas
-
As alumnas e alumnos compaxinarán a súa formación no CIFP Politécnico de Santiago coa formación na empresa e cun contrato de traballo remunerado. Convócanse 15 prazas novas para o ciclo de grao superior en sistemas de telecomunicacións e informáticos.
-
As redes sociais permiten, a diferencia das canles tradicionais, unha información bidireccional, inmediata, cunha interconexión entre usuarios e a tempo real. Nos primeiros 15 días de campaña en tuenti conseguíronse 2.353 fans, 566 fotos, 118 mensaxes no tablón, 5.352 usuarios que votan, e 14.413 votos emitidos.
-
Jacobo Martínez defendeu a conveniencia de que os futuros realizadores coñezan a realidade do mundo audiovisual “para ter os pés sobre a terra”, e súmase a unha longa lista de profesionais de prestixio que pasaron pola EIS como Imanol Uribe, José Luis Cuerda ou Luis Tosar.
-
O 4 de outubro arrincou en Lugo o San Froilán 2012. Máis de 150 actividades, entre elas 120 actuacións musicais distintas, enchen de festa as rúas da capital lucense do 4 ao 12 de outubro. Pese á crise, que fixo que o orzamento se reducise en 200.000 euros, o San Froilán volve a ser este ano “a mellor festa de Galiza”.
-
Considerado polos seus contemporáneos como un dos guitarristas máis innovadores no terreo do blues, Bill Orcutt destaca por empregar unha técnica próxima ao hardcore. Este músico autodidacta ofrece blues experimental no CGAC.
-
O porto de Cesantes acolle o sábado 8 de setembro, a partir das 20.00 horas, as actuacións de Munich, Rusos Blancos, Bigott, Maryland, Niños Mutantes, Supersubmarina, Virginia Díaz DJ e Charli-e DJ. Agadic patrocina este evento que a organización califica de “festival coidado en todos os seus aspectos”.
-
Comezan nos pavillóns do Centro de Artesanía e Deseño tres novos obradoiros dos 12 postos en marcha este verán pola Deputación de Lugo. Neste cursos, 45 nenos de entre 5 e 16 anos aprenderán non só as técnicas dos oficios tradicionais da provincia, senón tamén outras alternativas artísticas máis modernas, como é o caso do grafitti, durante cinco xornadas ata o vindeiro día 31 de agosto.
-
A Fonsagrada converteuse por un día na capital do lecer ecolóxico coas actividades lúdico medio ambientais que o programa Lugoteando da Deputación levou a esta vila. O organismo lugués, que aposta polo ocio medioambiental como oportunidade económica da provincia, logrou atraer a ducias de persoas de tódalas idades na xornada celebrada este sábado na Praza do Museo fonsagradina.
-
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a apostar pola Cidade da Cultura de Galicia como un polo de dinamización cultural e atracción turística. O complexo do Gaiás consolídase como tal tras acoller nas súas instalacións no que vai de ano un total de 149 actividades para todos os públicos, nas que participaron 239 empresas e 379 artistas.
-
Dentro das Actividades de Verán da Rede Museística da Deputación de Lugo, hoxe martes, 172 rapaces/zas, acompañados pola xerente da Rede Museística, culminan o seu contacto co mundo medieval no Museo Etnográfico de San Paio de Narla, onde se desenvolveron diversos obradoiros relacionados con este período histórico.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- 169
- …
- seguinte ›
- última »