Notas
-
A través dun chat, rapaces de cinco centros educativos galegos se interesaron pola situación das TIC en Galicia e as saídas laborais das carreiras do eido tecnolóxico, durante a celebración do Día Internacional das Telecomunicacións organizado polo Coeteg.
-
Aos 1.000 mozos e mozas inscritos na maior festa das novas tecnoloxías de Galicia sumáronse as máis de 7.000 persoas que visitaron a iniciativa e participaron nas diferentes actividades que se programaron ao aire libre.
-
A edición de 2012, a décimo terceira, conta con persoas con grande experiencia no mundo empresarial como o profesor da IE Business School, Enrique Dans; o profesor Leopoldo Abadía; ou o social media Rubén Bastón. Os exteriores e oa entrada do Pazo de Congresos e Exposicións acolle as actividades da extranet, abertas a todos os públicos.
-
El grupo ouresano Guezos, vuelve a los escenarios tras varios meses de innumerables ensayos, para deleitarnos de nuevo con su música.
-
O concurso en liña, convocado para conmemorar o Día das Letras Galegas e o Día de Internet, está dirixido a mozos e mozas que teñan entre 14 e 35 anos, pero calquera persoa interesada poderá ter participación votando polas declaracións que máis lle gusten.
-
Los Enemigos, Fangoria, Love of Lesbian, Lori Meyers, La Casa Azul e El Columpio Asesino son cabezas dun cartel no que figuran un total de 18 grupos e dj’s que se concentran no recinto feiral de Fexdega, en Vilagarcía de Arousa, o 27 e 28 de abril. O Festival do Norte celébrase en torno a tres escenarios: o Estrella Galicia, o Jack Daniel e a carpa FDN Dance Club.
-
Pese a crise económica, Agadic cre que hai unhas grandes expectativas de crecemento para lograr, como obxectivo máximo, duplicar as cifras que sitúan ás industrias culturais no 2,2% do PIB, con máis de 3.000 empresas, 20.000 traballadores e unha facturación de supera os 1.000 millóns de euros.
-
O sábado 21 de abril, a compañía de Teatro Chévere escenifica de novo o seu espectáculo "Ultranoite" no Auditorio da Ramallosa, en Teo, logo do éxito de público das anteriores sesións. O teatro regresa o 28 e 29 de abril a este esceario coa obra "Citizen".
-
Ábrese o período de inscrición para a XIII edición de Xuventude Galicia Net que se celebra en Santiago de Compostela do 4 ao 6 de maio. A prioridade deste ano é a proposta formativa e a busca de emprego, para o que se contará con profesionais e expertos do sector das novas tecnoloxías e da empresa en xeral.
-
Gharbo!, única coprodución de 2012 da unidade de danza da Agadic, preséntase como un espectáculo “multidisciplinar e anovador”. Gharbo! significa para eles esa capacidade compartida de saír adiante, ese trasno, maxia, elegancia e desenvoltura no movemento corporal.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- 169
- 170
- 171
- 172
- …
- seguinte ›
- última »