Notas
-
O programa Inspira STEAM para o fomento das vocacións científicas e tecnolóxicas impulsado pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra segue sumando éxitos. Este venres clausurouse a súa quinta edición, a máis numerosa ata o momento, que chegou durante o curso 2022/2023 a 632 estudantes de primaria e ESO de 14 centros da provincia de Pontevedra e contou coa participación de 46 mentoras e mentores.
-
A Caixa Rural de Lugo acolleu a presentación dun novo título da colección As miñas primeiras Letras Galegas dos Bolechas, dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado polo 17 de maio. Arredor de 25 alumnas e alumnos do CEIP Sagrado Corazón de Lugo participaron na presentación, ademais dos propios Bolechas, que recibiron e acompañaron aos escolares na cidade lucense.
-
A Feira Virtual de Emprego da USC botou a andar este mércores 10 de maio para fomentar a empregabilidade do estudantado e das persoas egresadas da institución compostelá. A través deste foro virtual que se estende ata o xoves 11 con preto dun milleiro de inscricións, as persoas usuarias poden acceder a empresas con ofertas de traballo, charlas de interese en materia de empregabilidade e chats para aclarar dúbidas.
-
O docente e investigador da UVigo Alexandre Pazos e os maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e docentes da UDC, José Fernando Lousada e Ricardo Ron, son os autores de Trabajo a distancia y teletrabajo. Regulación laboral, procesal y de Seguridad Social; teletrabajo transnacional, publicado pola editorial Tecnos.
-
Tras máis dun mes de representacións a Aula de Teatro do campus, cun elenco composto por máis dunha ducia de actores e actrices, de Vigo foi a encargada de baixar o pano da XXV edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu. Fixérono baixo a dirección de Casilda Alfaro e Sonia Rúa, coa representación da obra Incendios, de Wajdi Mouawad, na que se fala de tres incendios vitais.
-
O cumio académico e do coñecemento UE-CELAC traballa dende este xoves na construción dun espazo común euro-latinoamericano e caribeño de educación superior, ciencia, tecnoloxía e innovación que marcará a axenda internacional dos vindeiros meses. Este foro busca continuar o fío aberto na primeira edición, tal e como explicou o reitor da USC e presidente do comité organizador
-
O FIV de Vilalba volveu brillar na súa décimo sexta edición, reunindo a un total de 6.000 persoas que gozaron de toda a programación do festival repartida entre o Escenario Vibra Mahou e o Escenario Emerxente. Os concertos no Escenario Vibra Mahou FIV foron, sen dúbida, os máis esperados da cita, coas actuacións de Lori Meyers, La Casa Azul, Sidonie, Sidecars, Delaporte, Carlangas, Moura, Hickeys, Berta Franklin e as sesións DJ amenizadas por Tangerine Sistas, Akkan e Ochoymedio Djs.
-
O Festival RESIS pecha esta semana a súa sexta edición, cunha ampla proposta de actividades vencelladas á música. Na primeira parte da semana, o festival propón o concerto da Sinfonietta da OSG e a presentación de Plasma, froito do programa de Residencias Artísticas do Gaiás 23. Dunha banda, mañá mércores 3 de maio, o Teatro Rosalía de Castro acolle ás 20:00 o concerto Só hai horizonte.
-
O Festival SonRías Baixas desvelou a distribución por días dos artistas que participarán na súa vindeira edición, que se celebrará durante os días 3, 4 e 5 de agosto en Bueu (Pontevedra), e na que o evento galego celebra o seu 20 aniversario. O cartel, encabezado por Natos y Waor, La Pegatina e Macaco, aposta de novo por unha proposta musical ecléctica, na que teñen cabida xéneros tan variados como o rock, os sons urbanos, a electrónica, a rumba ou o ska.
-
En catro días, o FIV de Vilalba volverá tinguir de fucsia a localidade na que se celebra o primeiro festival da tempada desde fai dezaseis anos. Vilalba espera numerosos visitantes na súa edición máis multitudinaria, albergando este ano un aforo para 5.000 persoas. O venres, o festival abrirá as súas portas ás 19 horas coa sesión de Tangerine Sistas, que dará paso ás actuacións de Moura, Carlangas, Sidecars, La Casa Azul e Akkan.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »