Notas
-
O Festival RESIS segue enchendo A Coruña da mellor música contemporánea e arte internacional. Como parte da súa programación, esta semana haberá unha instalación sonora e mais un concerto. O venres, día 28 de abril, ás 20:00, inaugurarase Faro Horizontal/7, instalación que se poderá visitar ata o día 19 de maio na Fundación Luís Seoane. Trátase dunha obra que mestura a música coa arte visual, da man de Marco Maril e Juan Lesta respectivamente.
-
O Festival de Teatro Universitario de Lugo bota o pano coa actriz Ana Esmith 'Miss Beige' como mestra de cerimonias do 'Salón dos rexeitados', logo dunha edición con 'marcado carácter social e reivindicativo', segundo puxeron de manifesto as temáticas das montaxes presentadas no auditorio Gustavo Freire polas compañías que tomaron parte na última edición deste certame.
-
Como xa é tradición, a Aula Universitaria do campus de Ourense Rosaura arrancou a programación da 28ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense. A cita, que se prolongará ata o 6 de maio contará con 20 espectáculos, principalmente de teatro universitario e profesional pero tamén de música, circo e danza ofrecidos por compañías estatais e foráneas. Entre elas, as aulas escénicas da Universidade de Vigo terán un papel destacado.
-
A vixésimo terceira Mostra de Teatro Universitario de Galicia bota a andar este luns 24 de abril en Santiago de Compostela para achegar á comunidade universitaria e á cidadanía as novas creacións da escena teatral das universidades galegas. A Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño, o Teatro Principal e o Auditorio Abanca erguen o pano para acoller a representación de sete pezas ata o 4 de maio.
-
No marco da programación da ICC Week 2023, a Semana das Industrias Culturais e Creativas que organiza a Deputación de Ourense, a Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense acolleu a mesa redonda 'Aplicacións da intelixencia artificial á nosa sociedade'. A IX Semana das Industrias Culturais e Creativas ten lugar ata o domingo nunha ducia de localizacións da cidade e da provincia.
-
A Nerd Nite correspondente ao mes de abril desenvolverase o vindeiro día 26, a partir das 20.30 horas, na Nave de Vidán. As persoas relatoras serán Andrea Rodríguez Antón, investigadora do INCIPIT-CSIC; xunto cos profesores da USC Alberto Quián e Belén Trigo García. Astronomía, hackers e dereito serán os eixos temáticos sobre os que se asentará a sesión de acceso libre ata completar a capacidade do espazo.
-
O grupo de investigación Farmatox da USC, coordinado polo catedrático da área de Farmacoloxía na Facultade de Veterinaria de Lugo, Luis Miguel Botana, pescuda no mecanismo que provoca a toxicidade das biotoxinas ao abeiro do proxecto BIOTOXDoc, un programa internacional incluído na estratexia Horizonte Europea, no que participan máis dunha ducia de entidades europeas.
-
Compañías das tres universidades galegas danse cita no Encontro Universitario de Danza en CompostelaO Encontro Universitario de Danza que chega á súa vixésimo primeira edición desenvolve este mércores 19, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o seu acto central. Apartir das 20.30 horas, a sesión botará andar coa obra 'Á espera de....', a cargo da aula de danza da Universidade da Coruña. A continuación, será a quenda da Compañía de Danza da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, coa obra titulada 'Corpos Celestes'.
-
O que fora profesor da USC, Manuel Colmeiro y Penido, acaba de ser elixido ‘Científico Galego do Ano’ pola Real Academia Galega de Ciencias, converténdose no primeiro científico social que recibe esta distinción por parte da Academia. A institución destaca que “non só foi un académico sobresaínte, polifacético, fecundo e recoñecido, cunha obra que influenciou a múltiples economistas, xuristas e historiadores.
-
O acto tivo lugar esta mañá na Praza do Obradoiro, no que participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a deputada provincial de Deportes, Cristina Capelán, a concelleira de Deportes de Santiago, Esther Pedrosa, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín e o padriño da carreira, Juan Carlos Higuero.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »