Notas
-
Como aperitivo da semana grande de concertos do novo festival Ateneo Barroco, comezamos coas actividades complementarias gratuítas. De vocación divulgativa e didáctica, estas actividades complementarias comezan con dúas sesións “cinematográficas”, comezando coa participación do arpista compostelán Manuel Vilas, creador dunha singular proposta en directo na que a arpa serve de vehículo de transporte para un “travelling” moi especial ao longo de 50 anos de historia do cinema. -
Un grupo de investigadores da USC, Girona, Oxford e Iowa identificaron novos usos terapéuticos da nicotina na loita contra a obesidade. O traballo agora presentado na revista Nature Communications identificou que a nicotina induce o ‘pardecemento’ do tecido adiposo branco ao actuar no cerebro. Dende a perspectiva do control do peso corporal, a posibilidade de converter a graxa branca en parda supón contar cun novo ‘interruptor’ na loita contra a obesidade. -
Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia que terá lugar nos 12 Espazos Xoves xestionados pola Administración autonómica, co fin de favorecer a participación de mozos e mozas da zona e da contorna próxima. Antes do inicio de cada unha das competicións organizarase unha dinámica formativa centrada no coñecemento e uso responsable dos videoxogos. -
Celébrase a 'Xornada de intervención profesional para persoas do colectivo LGTBI", a terceira das catro de formación para o persoal dos Centros da Información á Muller, que foi inaugurada polo Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a Secretaria Xeral de Igxualdade, Susana López Abella.
-
O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o vindeiro domingo 22, Día Europeo sen Coches, dende a área de Mobilidade se fará unha “demostración da futura peonalización da Mosqueira”, cortándose ao tráfico esta zona, usándose a praza para realizar actividades para as nenas e nenos da cidade. -
O obxectivo do Club de Ciencia é estimular o espírito científico entre o alumnado galego ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico. Para iso, funciona como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado. -
O 21 de setembro chegará o que será o último festival do verán misturando música, gastronomía e reciclaxe co Camiño Portugués da Costa. O Barbeira SeaSon Fest será un encontro directamente ligado ao Camiño de Santiago e que terá en Baiona un dos seus puntos destacados. O festival terá dous escenarios, a praia de Barbeira, de Baiona, e a horta do Parador Conde de Gondomar. Na praia ofreceranse diversas accións artísticas vinculadas ao Xacobeo. -
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza un ano máis o seu Encontro Galego de Ilustración. Nesta edición número dezaseis, o Encontro trae de novo a Santiago de Compostela, os días 27 e 28 de setembro, unha escolma da ilustración máis interesante da Península, o que permitirá botar unha ollada a autores que traballan en lugares tan diferentes como o País Vasco, Portugal ou Cataluña. -
A estes 25 centros se lles requerirá dispor de servizo de comedor escolar, contar con espazo verde para a instalación do composteiro, ter en funcionamento un horto escolar, non ter experiencia previa en programas de compostaxe escolar, e estar disposto a designar persoal responsable para a posta en marcha e seguimento do composteiro instalado no centro. Recibirán os medios materiais necesarios para a instalación dunha zona para facer compost. -
O proxecto Lidera convoca unhas xornadas de coaching que se desenvolverán en diferentes Espazos Xove de Galicia nos meses de setembro e novembro. A iniciativa, dirixida a mozos de 18 a 30 anos, leva por nome 'Crea o teu camiño profesional', e ten como obxectivo apoiar á xente nova no seu itinerario persoal e profesional coa formación en habilidades transversais que melloren as súas oportunidades de emprego e emprendemento.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- …
- seguinte ›
- última »

