Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Promover a sustentabilidade ambiental, económica e social dos servizos ecosistémicos mariños en áreas naturais protexidas do territorio español é o principal obxectivo do proxecto Ecoser, liderado polo profesor da USC Sebastián Villasante e no que tamén toman parte as Universidades de Vigo e Almería, e o Instituto para o Crecemento Sustentable da Empresa.
  • O programa de innovación educativa Observa_Acción (Innovación docente dende a observación e o intercambio entre iguais) vén de seleccionar os cinco centros escolares galegos que participarán nun intercambio de boas prácticas educativas fóra de Galicia (Asturias, Castela e León e A Rioxa). De cada un dos centros participarán neste programa de innovación CATRO persoas do claustro, incluído un membro do equipo directivo.
  • A segunda edición de Pilabot, unha iniciativa para promover a recollida selectiva de pilas, acumuladores e baterías usadas nos centros educativos, comezará oficialmente o vindeiro 13 de xaneiro. Os xestores de pilas autorizados en Galicia (Ecopilas, ERP e Ecolec) impulsarán esta campaña dirixida ao eido escolar coa finalidade de concienciar ás novas xeracións sobre o impacto medioambiental que teñen este tipo de residuos.
  • É Nadal e os Bolechas están na casa, porque vai moitísimo frío. Entón escoitan na televisión que un informe da axencia europea do medio ambiente sitúa o noroeste peninsular como unha das zonas que máis se verán afectadas polo quecemento do planeta. Os Bolechas fican arrepiados e van chamar o seu amigo o científico Estroncio Potasio que co seu aparello cuántico acelerado vai provocar algo terrible. De súpeto aparece un Lixontropo, unha das consecuencias do cambio climático.
  • O proxecto 'XuvenCiencia. Fago, logo aprendo', promovido e desenvolvido polo grupo de investigación docente homónimo do Campus Terra da USC e recoñecido pola Federación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) como unha das mellores propostas nacionais para o fomento da creatividade e de vocacións científicas entre o alumnado, dispón aínda dalgunhas prazas para docentes de ESO, BAC ou FP interesados en participar na sexta edición da Xornada XuvenCiencia para profesorado.
  • A Amtega quere contar coas achegas dos máis novos na elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030. Así, a Axencia autonómica lanza dous concursos, cuxos obxectivos son explorar a creatividade dos máis novos a través do debuxo ou a narración, estimular a reflexión sobre como a transformación dixital afectará a nosa Comunidade nos próximos 10 anos, así como sensibilizar sobre o impacto da dixitalización na nosa Comunidade e dar a coñecer o proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.
  • Un total de 1.544 alumnos de educación infantil de 32 concellos poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel entre os días 10 e 20 de decembro, grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT. Os escolares de Marín, Celanova, Bande, Campo Lameiro e Xunqueira de Ambía serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará este martes, cunha duración de media hora en cada localidade.
  • O alumnado de doutoramento poderá solicitar bolsas de mobilidade para realizar estadías de investigación en países europeos no marco do programa Erasmus+. Tradicionalmente a mobilidade asóciase ao programa Erasmus, a Europa e a alumnado de grao, pero nos últimos anos o elenco de países incrementouse notablemente, así como o espectro de participantes, ampliándose tamén agora ao alumnado de doutoramento.
  • A fase final terá lugar os días 21 e 22 de decembro no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda. O obxectivo é configurar un completo fin de semana de competición entre os 16 equipos que se clasifiquen para a fase final. Nos Espazos Xoves de menor poboación (Betanzos, Curtis, Noia, Pontedeume, Vilalba, Viveiro, Chantada e Tui) clasifícase un equipo por zona, mentres que nos catro de maior poboación (Carballo, Ourense, Lalín e Vilagarcía) serán dous.
  • Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta unha nova proposta musical na súa sede da Coruña. Nesta ocasión os instrumentos de vento serán os protagonistas no ciclo de concertos denominado «Cataventos» no que participarán o cuarteto de trompas Catrocores (5 de decembro), o quinteto Zoar Ensemble (12 de decembro) e o grupo Hércules Brass (19 de decembro).