Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • O Ciclo Clube Estrella Galicia regresa aos escenarios galegos. A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, Clubtura, e Estrella Galicia renovan un ano máis a súa alianza nunha clara aposta polo talento musical galego. O ciclo supón, ademais, un importante respaldo de Estrella Galicia ás salas de concertos das catro provincias galegas, “que son o motor da cultura musical máis próximo ao público e o inicio de calquera banda”, como lembrou o presidente de Clubtura, Alberto Grandío.
  • A USC acolle ata o vindeiro sábado 19, a fase estatal da I Olimpíada Científica Xuvenil Española, certame destinado a fomentar e definir vocacións científicas. Esta é a terceira vez, en máis de medio século de historia das olimpíadas científicas en España, en que a capital galega acolle a final estatal dun destes eventos. O acto de clausura e entrega de premios celebrarase no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o vindeiro sábado 19 de outubro.
  • Ao longo de cinco días AMAL ofrecerá nove proxeccións no Teatro Principal de Santiago, entre as que se inclúen tanto cintas de ficción como documentais. No marco deste último xénero, na sesión inaugural do ciclo estrearase La gente empieza aquí, de Joseba Sanz. Tras o filme, haberá unha charla coloquio con Jesús Núñez Villaverde, codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria (IECAH).
  • Coñecemento e experiencia unidos para que Galicia sexa referente no campo da Ciberseguridade. Ese é o obxectivo primeiro do evento CyberSec@GAL, que comeza a súa andaina hoxe con dous obradoiros nas escolas de Informática e Telecomunicacións das Universidades da Coruña e Vigo. impulsado pola cátedra R en Ciberseguridade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o foro conta tamén coa colaboración da AMTEGA, Gradiant, Emetel, Hijos de Rivera Abanca e o COETG.
  • Comeza unha nova Tempada de Teatro de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e faino coa obra de Valle-Inclán 'Divinas palabras', adaptada e dirixida por José Carlos Plaza, e cun elenco conformado por María Adánez, Ana Marzoa, Javier Bermejo, Alberto Berzal, María Heredia, Chema León ou Diana Palazón, entre outros. O texto é a culminación do ciclo mítico de Valle-Inclán cunha estética moi próxima aos esperpentos.
  • A Cidade da Cultura explorará con arquitectos internacionais como mellorar o benestar da cativada e rapazada en centros de ensino, espazos públicos e cidades. Para iso, acollerá en novembro 'V Playgrounds. Encontro Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e Xuventude', no que afondarán nestas cuestións, a través dun total de nove charlas e vinte obradoiros.
  • O Concello da Veiga (Ourense) celebrará do venres, día 4, ata o domingo, 6 de outubro, a sexta edición de Astrotrevinca, un encontro dedicado á divulgación científica da astronomía e á promoción deste territorio como destino turístico StarLight, incluíndo no seu programa de actividades observacións nocturnas e diurnas, conferencias e proxeccións de documentais.
  • Os escolares de Ourense participarán a partir desta semana en tres xornadas organizadas por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole co obxectivo de impulsar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as rapazas. Logo do éxito acadado coas dúas xornadas celebradas en 2018, Tecnópole amplía así a súa participación na iniciativa “Ciencia e Tecnoloxía en Feminino”, promovida pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE).
  • Estes premios recoñecen os mellores expedientes en cada un dos tres primeiros anos de todos os graos oficiais impartidos no SUG, co obxectivo de motivar ao alumnado universitario para mellorar o seu currículo e recoñecer a súa actitude de compromiso co seu proceso formativo e o seu mérito e esforzo no estudo. Trátase, por tanto, de estimular o aproveitamento académico dos estudantes e incentivar a excelencia.
  • Coma ven sendo habitual, os organizadores do Galician Freaky Film Festival presentaron esta mañá o cartel do evento ós pes do Dinoseto para obter a súa bendición. A segunda edición (tras unha edición 0 e máis a #1 Edition) busca manter os pilares sobre os que se cimenta o festival: gamberrismo, diversión e frikismo túzaro. A alma da Xeración Xabarín convertida en festa e culto cinematográfico ó gore, ó terror, á ciencia ficción, á fantasía e á serie B.