Notas
-
A iniciativa de intermediación laboral gratuíta destínase principalmente aos desempregados con interese no sector, así como ás empresas que precisen cubrir postos de traballo. -
A Facultade de Humanidades de Lugo acolleu o acto académico do patrón da Universidade. O presidente de Aresa recibiu a Insignia de Ouro da USC e o profesor Jiménez Juliá pronunciou a lección maxistral. -
Os premios da categoría A están dotados con estatuíña de Sargadelos e 60 euros, e con estatuíña e 30 euros os segundos premios. Entréganse o día 26 de xaneiro, sábado, no decurso dos actos de clausura do Belén de Begonte.
-
Na Biblioteca Provincial, ás 12,00h., do día 11 de xaneiro de 2007, reúnese o xurado da fase local do X CERTAME DE POESÍA INFANTIL SOBRE O NADAL, convocado por esta Institución, formado por Consuelo Meiriño Sánchez, Directora da Biblioteca Provincial, Presidente; Aurelia Balseiro García, Técnico de actividades socioculturais da Deputación, en representación da Deputación Provincial de Lugo; Domingo Lodeiro Cendán, Inspector de Educación, en representación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; Olalla García Lauda, Técnico da Biblioteca Provincial, e Xulio Xiz, da Delegación Provincial de Cultura e Deporte, que actúa como Secretario.
-
A distribuidora Paramount xa lle confirmou á Generalitat a dobraxe catalá e as mocidades da Mesa pola Normalización Lingüística exixen o mesmo á Xunta. -
A videoconferencia como ferramenta de comunicación” complementa o proxecto “Audiovisual nas aulas promovido polo Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellería de Educación. -
En novembro, a web da campaña En galego, tes todo por dicir. E Logo! rexistrou unha elevada participación neste concurso co que se tenta promover o galego nas novas tecnoloxías e entre a mocidade. -
A primeira parte da triloxía de Pullman obtivo a Medalla Carnegie en 1995 á mellor obra xuvenil. A editorial galega contribúe á normalización lingüística coa tradución de “O neno do pixama a raias”. -
Un estudo sobre a alimentación da curuxa e un sistema contra incendios gañan os premios da feira da ciencia da Tecnópole. -
A Biblioteca Provincial de Lugo ven de convocar a fase local e provincial do Certame de Poesía infantil “Nadal 2007”, para concursantes de ata 16 anos, que poderán participar con poemas sobre O Nadal nas seguintes categorías: A.- Ata 8 anos, B.- De 9 a 11 anos e C.- De 12 a 16 anos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 194
- 195
- 196
- 197
- 198
- 199
- 200
- 201
- 202
- …
- seguinte ›
- última »

