Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • As librarías galegas dan a benvidas as actividades do 2024 conmemorando o tradicional Día de Rosalía de Castro, con actividades que comezan o martes 6 de febreiro. Dende este día e ata o 3 de marzo todos aqueles lectores que se acheguen a calquera das librarías asociadas e opten por facerse cunha nova lectura en galego recibirán, de regalo, unha escolma de textos da autora -ata rematar existencias-. Un agasallo coordinado pola Casa de Rosalía en colaboración coa Fundación Xistral.
  • A edición número 28 do Festival Internacional de Teatro Universitario bota a andar o vindeiro martes 6 de febreiro, ás 21.00 horas, no Salón Teatro compostelá, coa nova montaxe da Aula de Teatro da USC titulada ‘Antropoloxía do bico (A síndrome do túnel carpiano)’. A partir de textos de Laura Valeiras, Paulo Mouriño Pereiro, Roberto Salgueiro, Maurice Blanchot e Leila Guerriero, o propio Roberto Salgueiro dirixe esta obra que aborda como o bico inflúe na vida cotiá.
  • As abondosas chuvias dos últimos meses puxeron en evidencia o impacto que os aportes de auga doce teñen nos ecosistemas mariños e, consecuentemente, na produción marisqueira. Para achegar un pouco máis luz sobre este proceso, un grupo de investigadores do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM), realizaron un estudo pioneiro que replica as condicións do hábitat mariño no mesocosmos de bancos marisqueiros intermareais.
  • Os neutrinos son partículas que atravesan o noso corpo trillóns de veces por segundo. Trátase dunha especie de pantasmas do mundo subatómico, cunha masa moi pequena e sen carga eléctrica, por iso apenas interaccionan co resto de partículas elementais e a súa identidade, tamén denominada ‘sabor’, vai mudando cando viaxan polo espazo. Agora, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías participa no deseño dun detector que interceptará feixes de neutrinos, os máis potentes creados ata o de agora.
  • Enrique Labarta Pose (Baio, Zas, 1863-Barcelona, 1925) foi un “escritor e xornalista” de “moitísimas facetas”, segundo lembrou o catedrático da USC Jorge Mira na apertura da exposición en homenaxe a este autor, que tivo lugar no Colexio de Fonseca e da que el é comisario. Labarta escribiu narrativa, poesía e teatro nunha época, finais do século XIX, na que non era habitual que un literato cultivase os tres xéneros, e se fixo un nome no eido da prensa satírica española, sendo considerado a principal figura desta na época da Restauración e chegando a fundar cinco cabeceiras.
  • O reitor da UDC, Ricardo Cao, presidiu na Domus da Coruña o acto de presentación do programa Talentos Inclusivos, promovido polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña e a Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) Coruña. Esta iniciativa, que pretende facilitar a inclusión das persoas con diversidade funcional, esténdese aos centros de secundaria, BAC e FP de toda Galicia.
  • Máis empresas, incluíndo, por primeira vez, firmas do sector sanitario. Así será a XXIV edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, a cita que cada ano reúne no campus de Vigo ás futuras e futuros enxeñeiros co sector empresarial. Será do 5 ao 7 de marzo nas tres escolas de enxeñaría: Industrial, Minas e da Enerxía e Telecomunicación. A principal novidade desta edición é o aumento da capacidade, impulsado polo entusiasmo das empresas en participar neste evento.
  • Moitas terapias utilizadas para combater o cáncer, ademais de producir numerosos efectos secundarios, non conseguen a remisión completa do tumor, en parte debido á presenza de células nai de cancro, que son difíciles de eliminar. Estas células poden autorrenovarse e xogan un papel crucial na recidiva do tumor e nos procesos de metástase, por iso existe un grande interese en desenvolver terapias dirixidas a este subconxunto de células tumorais.
  • Un ano máis volve un dos maiores festivais de Galicia. Nun enclave natural idílico, en pleno corazón das Rías Baixas, o festival séguese postulando como unha oportunidade única de levar a grandes artistas do panorama nacional e internacional á pequena vila mariñeira de Bueu. A oportunidade de combinar a mellor música en directo coa contorna privilexiada de natureza e mar, a gastronomía local e o carácter amable da zona, converten ao SonRías nun dos grandes reclamos do verán galego.
  • O proxecto A Mão, de Alexander David, foi o gañador do Premio Ventura de 10.000 euros. Os cineastas Athina Rachel Tsangari, Valérie Massadian, Óscar Vincentelli e Eloy Enciso fixéronse cos premios de distribución e servizos ofrecidos polos socios e colaboradores de VENTURA, a nova plataforma de formación, desenvolvemento e coprodución con sede en Tui.