Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Persoal do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, viaxou nos últimos días á cidade de Darmstadt (Alemaña), para instalar os últimos módulos do detector CALIFA, un calorímetro que se integrará no centro de investigación internacional FAIR. Este fito supón a culminación de case 20 anos de traballo no deseño e posterior construción do detector, nun proxecto liderado polo IGFAE.
  • O venres 2 de febreiro pola tarde o Campus Remoto da Universidade de Vigo acollerá a celebración dunha nova edición de Expouniversitas. Forum de Innovación e Investigación Educativa. Esta actividade convida cada ano aos membros da comunidade universitaria, tanto alumnado como profesorado dos tres campus da UVigo, a pór en valor os seus traballos académicos e investigadores.
  • Un artigo publicado na revistaPhysical Review Letters describe unha nova técnica para determinar e estudar as reaccións nucleares que teñen lugar en explosións estelares, como as supernovas. No traballo participou o investigador Yassid Ayyad, do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, que se encargou de desenvolver parte da análise e o marco de simulacións necesarias para interpretar os resultados.
  • Mañá xoves, día 22 de febreiro, ás 19:00 horas, as investigadoras Ana Dorotea Tarrío Tobar, docente da Área de Matemática Aplicada; e María José Souto Salorio, da Área de Álxebra da Universidade da Coruña, presentarán no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) da Coruña a súa publicación sobre a matemática coruñesa María Wonenburger.
  • Cando se cumpre un ano da súa posta en marcha, os socios do proxecto europeo Wheatbiome déronse cita este venres no campus de Ourense para facer balance dos seus avances no reto de deseñar novos alimentos e sistemas agroalimentarios utilizando o potencial microbiano e centrándose no caso do trigo. Na iniciativa participan 13 institucións de Hungría, Polonia, Lituania, Holanda, Portugal e España.
  • Desde este xoves e ata 1 de marzo pode visitarse na Sala Alterarte, situada no pavillón Concepción Pérez Amat do campus de Ourense, a exposición Tótems, con obra do colectivo Nova Escultura Galega e comisariada polo seu membro Jorge Varela. Con ela, a sala abre a súa programación de 2024 e dá continuidade ao seu proxecto expositivo Recipricidade, posto en marcha baixo a coordinación do profesor Javier Blanco.
  • Unha investigación da USC e da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) analizou como se informou a cidadanía en España durante a pandemia da COVID-19 e a súa percepción sobre o papel de xornalistas, medios, comunidade científica e autoridades gobernamentais e sanitarias.
  • A pesar de que a reciclaxe de vidro pode considerarse un caso de éxito comparado con outros materiais, cada ano 28.000 millóns de botellas e recipientes de vidro acaban en vertedoiros sen posibilidade de seren reciclados. Pare reverter esta situación, o grupo de Aplicacións Industriais dos Láseres, LaserON, da Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo que tratará de revolucionar o proceso de reciclaxe do vidro desenvolvendo unha tecnoloxía radicalmente nova denominada glass laser transformation.
  • O profesor Ricardo Cao Abad tomou posesión como reitor da Universidade da Coruña nun acto institucional celebrado ante multitude de persoas no Paraninfo da Reitoría e no que tamén tomaron posesión dos seus cargos os membros do novo equipo de goberno na UDC. O novo reitor pronunciou o primeiro discurso do seu mandato, afirmando que desenvolverá a súa acción de goberno baixo o lema que entende a universidade pública feita entre todas as persoas.
  • A V Masterclass de Física de Partículas organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías terá lugar o venres na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, co obxectivo de achegarlles a física ás alumnas inscritas, que poderán realizar unha práctica experimental con datos reais do CERN. Farano a través das propias investigadoras do IGFAE, que compartirán algunhas claves do seu traballo e amosarán referentes femininas para as futuras xeracións.