Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Resultado dun proceso de traballo, no que contou coa colaboración dun grupo de estudantes da Facultade de Belas Artes, o artista británico Simon Callery presenta na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes unha obra de grandes dimensións que é o resultado final de semanas de traballo en contacto directo coas paisaxes do río Lérez, Cabo Udra e Mogor.
  • As citoquinas son unhas proteínas que desenvolven un papel fundamental no noso organismo, pois facilitan a comunicación entre as células do sistema inmunolóxico, garantindo o seu correcto funcionamento e que a resposta inmunitaria sexa a desexada. Un desequilibrio na súa produción podería ser a causa dun desaxuste do sistema inmune, afectando incluso ao desenvolvemento de enfermidades autoinmunes, aquelas nas que o propio sistema inmunolóxico ataca ás células e aos tecidos do corpo.
  • A decimosexta edición do Congreso Internacional sobre Procesamento Computacional do Portugués (PROPOR-2024) desenvólvese ata o 15 de marzo en Compostela. O persoal investigador responsable da súa organización coincide en salientar a importancia deste feito, xa que coa súa chegada á cidade 'prodúcese unha volta á orixe', xa que a Galicia é 'o lugar de nacemento da lingua portuguesa', explican.
  • O Centro Dramático Galego (CDG) convida o estudantado da USC a acudir á preestrea do espectáculo 'Manuela Rey is in da house' que terá lugar este mércores 13, a partir das 20.30 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Esta iniciativa enmárcase dentro da nova vaga de Faiscas Culturais centradas na recuperación da figura da actriz galega Manuela Rey. A mindoniense converteuse na grande estrela lisboeta de mediados do século XIX.
  • O HackForGood, un dos hackatons máis populares de España, regresa esta semana de xeito simultáneo a 25 de universidades de 16 cidades de todo o Estado na que será a súa novena edición. Organizado pola Rede de Cátedras Telefónica, este evento reta a estudantes universitarios a traballar en equipos na procura de solucións innovadoras a retos sociais relacionados coas necesidades das persoas e facendo fincapé nos Obxectivos de Desenvolvendo Sostible, ODS.
  • Persoal investigador da Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC desenvolve novos materiais sostibles e biodegradables para uso alimentario a base de quitosano que se antollan como alternativas respectuosas co medio ambiente aos actuais separadores dos liscos de queixo ou dos envoltorios plásticos das porcións de manteiga.
  • O congreso El Ojo de Polisemo é un encontro de carácter bienal e itinerante que naceu en 2009 para salvar a fenda que adoita existir entre o mundo universitario e o mundo da tradución profesional. Por primeira vez na súa historia, este ano o simposio recala no noroeste de península, e faino precisamente en Vigo.
  • Thais Pousada, profesora da área funcional de Terapia Ocupacional e investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC, participa no proxecto “Design2Freedom: promoting Person-Centered Design for people with disability in higher education” (Promoción do deseño centrado na persoa con discapacidade na educación superior).
  • O proxecto SOSFood utilizará o potencial das tecnoloxías de explotación de datos e a Intelixencia artificial (IA) para proporcionar unha imaxe precisa e global do sistema alimentario europeo, promovendo así o desenvolvemento de ferramentas preditivas. O consorcio, liderado pola Universidade de Vigo e no que participan 17 entidades de toda Europa, celebrou este venres en Santiago de Compostela a súa xuntanza de lanzamento na que os socios destacaron “a necesidade urxente” de intervir no sistema alimentario.
  • A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o director de Navantia Ferrol, Eduardo Dobarro, acompañados polo director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez, o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz Casás, e o director do I+D+i de Navantia Ferrol, Carlos Blanco, fixeron entrega este venres do premio ao equipo gañador do III Hackathon Navantia Next Pioneers.