Notas
-
Despois de que as convocatorias abertas para a adxudicación deste servizo quedasen desertas, o espazo que ocupaba a cafetaría da Facultade de Belas Artes converteuse neste curso na sede de O Abrigo, un proxecto expositivo coordinado polo colectivo Refugallo no que van sucedéndose unha serie de mostras colectivas de traballos do alumnado.
-
Promovido polo Club Peña Trevinca, coa colaboración da Universidade e o Concello de Vigo, o II Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade Vigo desenvolverase entre os día 21 ao 23 de marzo no Auditorio do Concello, centrado na escalada en Alaska, os lumes e a emerxencia climática, e programado arredor da celebración o 26 de marzo do Día Mundial do Clima.
-
Dirixida polo egresado Miguel Gómez Abad, Cando o tempo acabe é unha curtametraxe de ciencia ficción nacida como traballo de fin de grao (TFG) de varios estudantes da Facultade de Comunicación, que formará parte das programacións tanto do Festival Internacional de Cine de Málaga como dun dos principais escaparates cinematográficos do mundo, o Festival de Cannes.
-
'Elas. As voces do sector' era o título da mesa de debate que, no marco dos actos conmemorativos do 8M, reuniu este xoves no campus a profesionais da comunicación e da industria musical, co obxectivo tanto de percorrer as súas traxectorias, como de reflexionar sobre as desigualdades, desde a fenda salarial ata o teito de cristal, ás que as profesionais teñen que enfrontarse no mercado laboral.
-
O xacemento de Melka Kunture, en Etiopía, constitúe un 'referente internacional fundamental' no estudo do desenvolvemento evolutivo, condutual e tecnolóxico dos primeiros representantes do xénero homo en África, especialmente do Homo ergaster/erectus. Un equipo internacional no que participan membros do GEAAT da UVigo acaba de rematar unha nova campaña arqueolóxica neste enclave no que se investigan 'as fases antigas da evolución humana en África'.
-
'Observacións sobre a felicidade (composición e manexo)' da Aula de Teatro da USC abre este luns 6 o XXVII Festival Internacional de Teatro Universitario que se estenderá, en Compostela, ata o vindeiro 11 de marzo, logo de dous anos de parón por mor da pandemia. O Festival constitúe unha fiestra ás creacións teatrais desenvolvidas polas compañías de teatro universitario das contornas galega, estatal e europea.
-
A Universidade de Vigo participa nun megaproxecto europeo co que se tentará avanzar no coñecemento e predición dos impactos do cambio climático nos sistemas mariños. Coordinado desde os Países Baixos polo profesor Myron Peck, do Royal Netherlands Institute for Sea Research, participan 34 institucións de 17 países e cóntase cun orzamento superior aos 10 millóns de euros, dos que 380.000 lle corresponden á Universidade de Vigo.
-
Os XXV Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos reunirán os vindeiros días 7 e 8 de marzo na capital luguesa máis de 600 estudantes das tres universidades públicas galegas, que competirán en seis disciplinas deportivas diferentes: fútbol, fútbol sala, baloncesto, balonmán, rugby e voleibol, na modalidade masculina e feminina, segundo adiantou este xoves o reitor da USC, Antonio López, na presentación do evento.
-
A Universidade de Vigo acollerá un ciclo de relatorios sobre o decrecemento. Organizado polo Ateneo Atlántico de Vigo, xunto coa UVigo e a Rede para o Decrecemento Eo-Navia, Galiza, O Bierzo, o obxectivo será reflexionar arredor do crecemento desmesurado da economía e a necesidade de entrar nun período de decrecemento.
-
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, inaugurará mañá, xoves, 2 de marzo, ás 16:00 horas o Congreso Mundial de Educación EDUCA 2023, no salón de actos da Facultade de Economía e Empresa. Este congreso terá lugar no Campus de Elviña entre os días 2 e 4 de marzo con máis de 400 participantes procedentes de diferentes lugares de España e doutros países como Portugal, EEUU., México, Perú ou Costa Rica.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- …
- seguinte ›
- última »