Ir o contido principal
iniciar sesión

Novas

  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que Galicia vai manter conxelados os prezos das matrículas universitarias cara o vindeiro curso académico 2023-2024, o que supón continuar coa política de contención de taxas que o Goberno galego leva aplicando desde hai 13 anos. Isto, asegurou, sitúa un ano máis a Galicia como a comunidade cas taxas universitarias máis baixas do país. Rueda resaltou que Galicia foi pioneira na conxelación dos prezos universitarios hai máis dunha década e en apostar por un modelo que agora están a replicar outras comunidades. 'Hai trece anos que os prezos de matrícula son exactamente os mesmos. É dicir, os estudantes galegos pagan de taxas universitarias o mesmo que pagaban no ano 2011', destacou o presidente.
  • Un total de 1.200 alumnos desde 6º de Primaria a 4º de ESO poderán mellorar a súas competencias en inglés o vindeiro outono participando na iniciativa Digitalweek organizada pola Xunta de Galicia. O Portal Educativo publica a convocatoria deste programa de estadías lingüísticas, que se desenvolverá durante o primeiro trimestre do curso escolar 2023/24 nun centro residencial situado en Galicia en quendas dunha semana (desde o domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá).
  • A Consellería de Sanidade, por medio da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, convidou aos equipos de prevención de condutas aditivas, xestionados por concellos e asociacións sen ánimo de lucro, así como a profesionais e asociacións implicados na atención e protección de menores, para darlle difusión ao Programa PROTEGO, e que o poidan utilizar para mellorar as habilidades educativas das familias así como as relacións entre pais e fillos.
  • A Xunta de Galicia programa este ano máis de medio cento de actividades nos espazos museísticos que xestiona para conmemorar o Día Internacional dos Museos, que se celebra o mércores 18, e incluirá visitas guiadas, obradoiros, xornadas de portas abertas, actividades didácticas e música, entre outras propostas dirixidas a todos os públicos. A meirande parte da actividade comeza o propio mércores e prolóngase ata a vindeira fin de semana, co gallo da Noite dos Museos. A axenda pode consultarse nas respectivas webs e redes sociais dos centros, espallados por todo o territorio galego e na axenda de Cultura de Galicia.
  • O multiverso centrou a temática das nove propostas presentadas a concurso no VIII Findecurta, un certame promovido ao abeiro de Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo, ao que cada ano se incorpora máis talento mozo, tal e como se puido constatar na entrega de galardóns dun 'Findecurta' que premiou a historia 'Portas', creada por 'Desviadas', un cuarteto feminino de mozas preuniversitarias integrado por Elba Penas, Alba Area López, Uxía Calviño e Ayla Álvarez.
  • Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, bate este ano récord de asistencia, con máis de 4.800 persoas participantes nas diferentes actividades, tanto presenciais como en liña. Nesta edición seleccionáronse un total de 106 proxectos promovidos por 243 alumnos e alumnas de 34 centros educativos de toda a comunidade. O reto desta edición está no sector aeroespacial e aeronáutico, un ámbito no que Galicia conta con grandes empresas do sector colaborando xunto con 70 pemes galegas e centros tecnolóxicos no marco do Polo Aeroespacial de Galicia.
  • O Proxecto Nós, a iniciativa que permite incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais e que xa ten rematadas as tres primeiras ferramentas, presenta tres utilidades que estarán dispoñibles en aberto nun breve prazo de tempo para que calquera persoa, empresa ou proxecto as poida usar de xeito gratuíto: o tradutor de galego con tecnoloxía neuronal que xa está rematado e supera a calquera outro que existira ata agora, a primeira tecnoloxía que entende o galego oral e o converte a texto, e outra que, a partir dun texto, é quen de ler en lingua galega.
  • O Salón Teatro de Santiago acolle desde a semana pasada a compañía compostelá Matarile Teatro para as primeiras funcións públicas do seu espectáculo Fráxil. Handle with Care, coproducido polo Centro Dramático Galego e o Teatro Español de Madrid. Na sede da unidade teatral da Xunta, estreouse o pasado venres no marco do Festival Escenas do Cambio, promovido pola Cidade da Cultura de Galicia, e aquí permanecerá en cartel ata o vindeiro día 21 para ofrecer 10 novas representacións de mércores a domingos.
  • Foi clausurado o IX Congreso FP Empresa organizado pola Asociación de Centros de Formación Profesional, coa participación de arredor de 600 centros educativos de toda España que imparten estas ensinanzas, ademais de representantes das administracións e das empresas. Participou o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que sinalou que “todas as partes son imprescindibles” para avanzar nestas ensinanzas que hoxe en día “son a primeira opción educativa para moitos mozos.
  • Trátase dunha iniciativa financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) a través do programa de cooperación interrexional Interreg Europe que busca potenciar o emprego xuvenil de calidade e a creación de postos de traballo para a mocidade nas áreas rurais. A Fundación Galicia Europa lidera este proxecto no que tamén participan entidades de Eslovenia Bélxica, Bulgaria, Estonia, Letonia e Portugal. Conta ademais coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude no marco do programa Euroxuventude.