Notas
-
A USC ocupa o chanzo 51-75 do Ránking de Shanghai por materias en Ciencias Veterinarias (posición 4-5 entre as universidades de toda España) e o 76-100 en Farmacia e Ciencias Farmacéuticas (posto número 2 a nivel estatal). A terceira mellor posición nesta clasificación internacional de universidades segundo eidos temáticos é para Odontoloxía e Ciencias Orais, ámbito que ocupa o intervalo 151-200 a nivel mundial e o posto 4-5 entre as universidades españolas.
-
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) acollerá o vindeiro mércores, día 13 de novembro, ás 17:30 horas, unha nova sesión do Ciclo HumanIA: o Desafío para as Humanidades en Tempos da Intelixencia Artificial, un espazo de aprendizaxe no que a comunidade universitaria e os profesionais de diversas disciplinas poden descubrir como a IA está transformando a sociedade e os postos de traballos relacionados coas humanidades.
-
Na problemática da crecente resistencia das bacterias aos antibióticos, a Área de Microbioloxía da Universidade de Vigo está comprometida desde o punto de vista non só investigador senón tamén divulgativo, desenvolvendo diferentes iniciativas de concienciación cidadá. No marco deste compromiso, este venres celebrou na Facultade de Ciencias do campus de Ourense a VI Xornada de Conciencia sobre o Uso dos Antibióticos.
-
A Escola de Enxeñería Industrial acolle o AER 6th Summit, a sexta xuntanza anual da Asociación Española de Robótica y Automatización (AER Automation). Esta é a primeira vez que o evento recala en Vigo, e faino no marco dun convenio asinado en 2020 entra a Universidade olívica e esta asociación para mellorar a formación do alumnado e profesorado a través de conferencias, cursos, xornadas, material didáctico, etc.
-
Cada día ao amencer, millóns de mulleres e nenas de todas as condicións sociais do sur da India adornan os limiares das súas casas con deseños xeométricos realizados con fariña de arroz -chamados kolams-, que en ocasións están inspirados na natureza. No transcurso do día, os kolams esvaecen pola choiva, pisados polos viandantes ou simplemente difuminados polo vento, convertendo estas preciosas creacións nunha arte perecedoira.
-
Modernizar e empoderar ás institucións de educación superior en Azerbaidján, Xeorxia e Ucraína, así como fortalecer as súas capacidades cara á resilencia enerxética e á cooperación interrexional. Este é o principal obxectivo do Proxecto Europeo Erasmus+ European Energy Efficiency towards Mutually Reinforcing Partnership with Georgia, Azerbaijan and Ukraine (3E-Partnership) que lideran, en representación da UDC, as profesoras Laura Castro Santos e Almudena Filgueira Vizoso.
-
A Cátedra Internacionl José Saramago e o grupo de investigación BiFeGa da UVigo acaban de lanzar unha nova proposta cultural para este outono, trátase do ciclo de cinema Mulheres (d)e Abril. As realizadoras e a revoluçao, unha reflexión crítica sobre a visión das realizadoras portuguesas en torno a tres momentos clave da historia de Portugal: o período colonial, o proceso político que culminou na Revolução dos Cravos, e a loita pola emancipación da muller e o movemento feminista.
-
A arte e a investigación arredor do castiñeiro serven de eixo para a programación que desenvolve ao longo do mes de novembro a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) da USC, co apoio da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura. Mostras e divulgación científica integran un programa de actividades aberto ao conxunto da comunidade universitaria e da sociedade en xeral.
-
A Intelixencia Artificial é o presente, non o futuro. Así o consideran os numerosos expertos que participaron onte na xornada organizada pola Cátedra Fundación Inade – UDC na Coruña. Este evento, que tiña como obxectivo presentar a obra “Os riscos xerados pola Intelixencia Artificial e os posibles mecanismos para a súa mutualización”, converteuse no escenario perfecto para que diferentes especialistas na materia compartisen a súa visión sobre os inminentes perigos desta nova tecnoloxía.
-
Un total de 105 persoas docentes e investigadoras no ámbito das Humanidades, das Ciencias Sociais e da Medicina conforman de inicio o Instituto de Humanidades da USC (iHUS), o primeiro instituto de investigación en Humanidades do Sistema Universitario de Galicia, que se crea para dar resposta a unha masa crítica investigadora e dentro dunha política científica de artellar o esforzo investigador en grandes unidades máis competitivas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »