Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • 'Bravú XXX', documental producido por Nós Televisión para conmemorar o 30º aniversario dese movemento musical, poderá verse no vindeiro mes de novembro en 25 pequenos e medianos concellos da Coruña, co apoio da Deputación. O filme —incluído na programación do ciclo Outono das Artes, que organiza o departamento provincial de Cultura—, chegará a auditorios, edificios de usos múltiples, casas de cultura, bibliotecas, centros sociais, culturais e de ensino.
  • O son en todas as súas posibles representacións: o son que se escoita, o son que se mira, se presenta, se intúe e se lembra. O son como material e o son como significante. Este o eixo central e vertebrador da exposición Ollo á orella, 8 obras sonoras e unha partitura colectiva, que recolle creacións de dez artistas que teñen en común o seu paso pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A exposición, que se pode visitar a partir do venres na Fundación Laxeiro, está comisariada polo profesor Ignacio Barcia
  • O tambor, a guitarra, o piano, a frauta... son algúns dos instrumentos musicais que soan na orquestra dos Bolechas. Despois da súa estrea en Boiro, a nova xira de teatro 'Os Bolechas tocan nunha grande orquestra' chega aos teatros de toda Galicia para ofrecer un gran concerto ás nenas e nenos e transmitirlles a importancia da colaboración e a creatividade.
  • A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro martes, día 29 de outubro, en horario de 9:30 a 12:30 horas, as xornadas 'Los riesgos de la inteligencia artificial: ¿Estamos seguros?', no marco da Cátedra Fundación Inade-UDC. Durante as xornadas terá lugar a presentación do IX volume da colección Cadernos da Cátedra Fundación Inade-UDC, co título 'Los riesgos generados por la inteligencia artificial y los posibles mecanismos para su mutualización'.
  • Xusto un ano despois do seu inicio, o consorcio de EC4Rrural, liderado pola UVigo, acaba de presentar dúas innovadoras ferramentas de cálculo ad hoc para analizar a viabilidade dunha comunidade enerxética rural ou de calquera iniciativa para produción de enerxía comunitaria. Baseadas nunha aplicación de uso xeneralizado como é Microsoft Excel, o seu obxectivo é servir de instrumento na toma de decisións con transcendencia económica para os xestores destes proxectos.
  • O VII Congreso XoveTIC, organizado polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña, rematou este venres coa entrega de premios, tras dúas xornadas de intensa actividade. Este ano, o evento experimentou un notable crecemento, cun total de 74 traballos presentados fronte aos 50 da edición anterior, o que representa un incremento dun 48% respecto do ano pasado.
  • O xoves, día 17 de outubro, ás 19.30 horas en NORMAL, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, terá lugar a inauguración da exposición “Fío do Norte”, comisariada por Juan Luis Toboso en diálogo con Filipa Ramos. O evento contará,ás 20:00 horas, co concerto de Carme López, que engadirá unha experiencia sonora única á inauguración.
  • A Intelixencia Artificial e os seus retos de futuro é a temática central da vindeira sesión dos ‘Encontros de Lúa Chea’ que terá lugar este mércores 16, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus de Lugo. Este programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación do Outono Cultural, contará nesta ocasión coas intervencións de Roberto Iglesias Rodríguez e Juan Antonio Corrales Ramón.
  • 'Cando se fala hoxe en día de atopar a túa voz, penso que se fai referencia a unha certa maneira de ollar o próximo, de ollar o mundo', sinala o cineasta Álvaro Gago, quen situou no próximo, na contorna persoal, o punto de partida das curtametraxes que desenvolven co seu asesoramento nove estudantes de Belas Artes e Comunicación Audiovisual. O director de Matria é o responsable de impartir o obradoiro 'Cine rachado e consciente na praza do teu pobo'.
  • A Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da UDC celebrará o 16 e 17 de outubro as xornadas 'Foro Riazor: Global Maritime Sustainability', como conmemoración do Día Internacional contra o Cambio Climático (24 de outubro) para analizar as vías de descarbonización do sector marítimo. Daranse cita empresas referentes do sector para debater sobre regulacións, novas tecnoloxías e oportunidades laborais no mar.