Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Ciencia e arte fusiónanse en Mar Emerxente, un proxecto que celebra a beleza e a complexidade dos océanos. Posto en marcha polo Campus do Mar dentro da súa iniciativa Scientists meet Artists, e liderado polo Centro de Investigación Mariña da UVigo, a proposta combina a creatividade de cinco artistas de prestixio internacional co coñecemento de cinco científicos e científicas do CIM-UVigo para crear esculturas inspiradas en diversos ámbitos das ciencias mariñas.
  • Un ano máis, e xa van 5, a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel ten o pracer de organizar o Courel Son, Jazz e Blues na Montaña. Serán catro grandes concertos en catro localidades distintas da serra, mantendo o obxectivo de dar vida a todos e cada un dos pobos do noso territorio, ao tempo que demostramos que, sexa a paraxe que sexa, dispoñemos dos mellores escenarios naturais.
  • Seis investigadoras referentes, seis retos e seis olladas de futuro. Así é a segunda edición da serie documental Desafíos do Océano: científicas ao mando, un proxecto posto en marcha pola Universidade de Vigo a través do Campus do Mar no que investigadoras de diferentes ámbitos do medio mariño contan a súa visión e experiencia ante novos retos de futuro.
  • Tras cinco edicións previas, celebradas en centros de referencia de todo o mundo, o congreso internacional Variation and Language Processing, VALP6, recala en Vigo. Organizado polo grupo Language Variation and Textual Categorisation da UVigo, este simposio reúne a especialistas de diversos campos como a psicolingüística, a sociolingüística, a ciencia cognitiva, a fonética experimental, a sintaxe e a pragmática que traballan sobre a relación entre a variación lingüística e o procesamento da linguaxe.
  • Desenvolver unha metodoloxía de aprendizaxe comunitaria no ensino superior para ter estudantes mellor preparados para un mundo envellecido. Con este reto, desde setembro de 2023 e ata febreiro de 2026 catro universidades e unha ONG de Portugal, Turquía, Romanía e España desenvolven o proxecto europeo Coblages. A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o segundo encontro do proxecto.
  • Tivo lugar a presentación da nova edición do Resurrection Fest, a número 19 deste evento. A organización espera unha asistencia de máis de 120.000 persoas desde o mércores e ata o sábado, coa participación de preto dun centenar de artistas nos catro escenarios do recinto. Inclúe entre os seus nomes algúns referentes internacionais como Alice Cooper, The Offspring, Avenged Sevenfold, Bring me the horizon, Megadeth ou Bruce Dickinson.
  • O proxecto Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA) acaba de publicar a versión número 20 da súa base de datos textual, na que se engadiron este ano 640 novos documentos. Este proxecto está dirixido polo Catedrático de Filoloxía Latina da USC Xosé Carracedo Fraga e desenvólvese desde hai case 30 anos no marco dun convenio entre a USC e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  • O CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, ultima os preparativos da VII edición do seu Annual Meeting, que terá lugar os días 18 e 19 de xullo, co obxectivo de reunir anualmente a científicos e científicas de todo o mundo para compartir a súa experiencia e poder actualizarse nos últimos avances en Química, Bioloxía, Medicina e saúde.
  • O CICA da Universidade da Coruña inaugurou unha exposición de pezas impresas en 3D que representan as liñas de investigación do centro. A asociación de estudantes da UDC, UDCBIGBANG, promoveu a iniciativa este ano, logrando recompilar o traballo dos grupos de investigación do centro e representalo a través de 38 pezas que quedarán expostas de forma permanente no CICA.
  • A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) a través do grupo de traballo da Sectorial de Secretarías Xerais, acolle este xoves 20 e o venres 21 as III Xornadas de delegados e delegadas de Protección de datos de Universidades Españolas.