Notas
-
A Asociación de Debate Universitario Retórica da UVigo é o mellor equipo español de debate, logo de gañar a Liga Española de Debate (LEDU), disputada en Melilla. O equipo titular formado por Tomás Aparicio, Inés Túñez, Iván Fernández e Jesús Gómez, con Laura Bacariza, Juan Calderón e Laura Leirós, como suplentes, foi quen de impoñerse na final da LEDU á Universidad Carlos III de Madrid, defendendo que o decrecemento non é conveniente para solucionar os problemas medioambientais e as desigualdades sociais.
-
Un equipo de investigación de atlanTTic acaba de presentar, no marco dunha xornada organizada por Afaga, os resultados do proxecto Sapiens (Services & Applications for Healthy Ageing), unha iniciativa que tiña como obxectivo o deseño de ferramentas para a detección do deterioro cognitivo e a depresión mediante altofalantes intelixentes adestrados con intelixencia artificial.
-
“Achegar a música clásica á comunidade universitaria e á cidadanía próxima aos tres campus” da Universidade constitúe, como sinala a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, o obxectivo de A Clásica na UVigo: Ciclo de Cámara nos Campus, que nas próximas semanas levará a Pontevedra, Ourense e Vigo o Dúo Fuchs, integrado polo violinista Mauro José Mariño e a violinista e violista Jennifer Gómez.
-
A Real Academia Galega de Ciencias e a Universidad Intercontinental de la Empresa crearon os Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores xoves, co obxectivo de impulsar a investigación científica en Galicia e dar recoñecemento e potenciar as traxectorias de investigadoras e investigadores novos que desenvolven a súa carreira en centros galegos.
-
Desde especialistas en historia da arte ou literatura, a expertos en manga e anime, o cómic e a animación xaponesas, pasando por académicas e académicos especializados en arquitectura, turismo ou política internacional. Un total de 72 investigadores participan en Pontevedra no XVI Congreso nacional e VII Congreso internacional da Asociación de Estudios Japoneses en España, que se desenvolve por primeira vez en Galicia da man do grupo de investigación dx5.
-
O papel da educación e do lecer nos espazos urbanos para afrontar a transición socioecolóxica é un dos eixos do Foro Internacional OcioGune Compostela 2024, que terá lugar os días 26 e 27 de setembro na Facultade de Ciencias da Educación e que será un espazo para a aprendizaxe, a reflexión e o diálogo arredor de diferentes realidades dos tempos educativos e sociais.
-
As comunidades mariñas están a experimentar cambios significativos baixo a influencia de diversos factores, como o cambio climático, a extracción de recursos naturais, a contaminación, a degradación do hábitat e as especies invasoras, o que dá especial relevancia a iniciativas como a Rede Europea de Observación da Biodiversidade Mariña Ómica, EMO BON, un marco de observación da biodiversidade para Europa.
-
A USC, a través do programa Woman Emprende, e o Concello de Santiago colaboran un ano máis na organización da Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela, que se desenvolverá entre o 24 e o 26 de setembro con actividades gratuítas de formación en liña orientadas ao estudantado para as que xa é posible inscribirse e cun encontro presencial o venres 27 de setembro.
-
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña coordinará durante os vindeiros catro anos o proxecto europeo DRYAD, consistente na demostración e modelización de solucións baseadas na natureza (SBN) para mellorar a resiliencia dos ecosistemas e paisaxes agrosilvopastorís mediterráneos, co obxectivo promover as prácticas sostibles e resilientes ao clima e facilitar plans rexionais de adaptación.
-
O Galician Freaky Film Festival presentou esta mañá o programa completo da súa oitava edición, que está dispoñible na web do evento. O certame internacional de cine freak e fantástico conságrase como o maior festival de cine de Vigo e un dos poucos eventos adicados ao sétimo arte que existen hoxe en día na cidade. A presentación tivo lugar na que será a sede do frikismo entre o 20 e o 28 de setembro, a Plaza Elíptica.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »