Notas
-
A clasificación elaborada en 2024 polo Ránking de Shanghai, coloca a USC no intervalo 501-600 das mellores universidades a nivel mundial. A posición acadada nesta edición supón un ascenso con respecto ao ano pasado, cando a institución se situaba no chanzo 601-700. En 2024, a USC conseguem o seu máximo histórico nun dos parámetros que analizan os resultados da investigación, o número de artigos publicados en Nature e Science.
-
A educación é un dos sectores clave na revolución tecnolóxica asociada á IA. Neste sentido, o Centro de Investigación TIC da UDC está creando novas iniciativas educativas e na colaboración internacional para desenvolver currículos avanzados en IA. Francisco Bellas, profesor de programación, robótica autónoma e aprendizaxe automática en diversos graos e máster da UDC, é ademais membro do comité de expertos en educación sobre IA da Xunta.
-
The Wild Fest chega á súa sexta edición afianzándose como un dos festivais máis singulares de Galicia. Ademais da actuación dunha ducia de bandas nacionais, o festival chama a atención por celebrar The Wild Cinema, un festival de cinema medioambiental que proxectará máis dunha vintena de curtas internacionais. O certame, que terá lugar do 30 de agosto ao 1 de setembro, celébrase no parque forestal de San Miguel de Oia (Vigo).
-
Os xardíns tamén poden ser verticais: muros vexetais interiores e exteriores que reverdecen paredes maximizando o uso do ben máis escaso na cidade, o espazo. Boa proba é o proxecto 'Xardín vertical con planta viva, montable e monitorizado mediante app móbil polo usuario', desenvolvido na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, por Adolfo López Fabal, Mª Isabel Iglesias Díaz e Santiago Lamosa Quinteiro.
-
Pilar Couto Cantero, docente de Didáctica da Lingua e a Literatura da UDC, lidera o proxecto AWKE (A Welcome Kit to Europe), dentro do ERASMUS+ KA220-SCH - Cooperation Partnerships in School Education, cofinanciado pola UE e dotado con 250.000 euros, que terá unha duración de dous anos. Esta iniciativa da UDC foi escollida entre as 40 finalistas dun total de 257 solicitudes presentadas.
-
Videoarte en Movemento (VEM) chega a Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña. A furgoneta do VEM, que viaxará por España e Portugal ofrecendo unha programación de videoarte internacional ao aire libre e de carácter gratuíto, ten parada este 31 de xullo na UDC, en Normal. VEM é unha experiencia itinerante da creación visual en ambientes de transición e de paso, exhibindo un programa composto por obras de videoartistas internacionais.
-
O Emprega-T Fest nace para ser 'un espazo dinámico e cheo de enerxía' que conecte as empresas cos perfís de demandantes de emprego. O evento, organizado polo Campus Terra e a Área de Orientación Laboral da USC, en colaboración co Concello de Lugo e coa Asociación de Empresarios do polígono do Ceao - As Gándaras, ofrece a través da súa web a posibilidade de que as persoas interesadas rexistren os seus currículos.
-
O Pont-Up Store fixo pública este martes a selección de iniciativas que van participar na súa undécima edición, que se desenvolverá a fin de semana do venres 20 e sábado 21 de setembro nunha carpa instalada na Praza de España de Pontevedra. En total, na cita vanse presentar 42 emprendementos. Como novidade, seis empresas “revolucionarias” no seu sector tentarán convencer a potenciais investidores nun novo formato chamado Pont-Up Venture.
-
As persoas egresadas da Universidade de Vigo convértense para o resto da súa vida en embaixadores e embaixadoras da institución, nos seus representantes e nun espello no que mirarse. Para agradecer todo ese valor engadido, a UVigo puxo en marcha os Premios Alumni, que entregaron os galardóns da súa terceira edición nun acto no edificio Redeiras.
-
Especialistas de todo o mundo debaterán os últimos achados neste ámbito no marco da XXVIII Conferencia Electrónica Internacional ECSOC28 (International Electronic Conference on Synthetic Organic Chemistry). Este é un foro de intercambio de coñecemento coordinado polos investigadores da USC Julio A. Seijas Vázquez e Pilar Vázquez Tato. O encontro desenvolverase en liña do 15 ao 30 de novembro e o prazo para o envío de resumos finaliza o 26 de xullo segundo as directrices establecidas na páxina web deste evento que botou a andar no ano 1997.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »