Notas
-
A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, Clubtura e Estrella Galicia continúan coa cuarta edición do Ciclo Clube Estrela Galicia. A sala coruñesa Mardi Gras acolle o 1 de febreiro o concerto de Moon Cresta e Frying Luras; mentres que o Garufa Club contará o 14 de febreiro con DA Trío e Udra. Na provincia de Pontevedra, na Aturuxo de Bueu estarán The Lelli Kelly’s e Enxeito e na sala Contrabajo, Vigo, AFF60 e Jay Doe & The Blues Preachers. -
A compañía Ibuprofeno Teatro estrea a súa última montaxe 'O mel non caduca' no Teatro Principal de Compostela. Marián Bañobre e Avelino González son os protagonistas desta traxicomedia escrita e dirixida por Santiago Cortegoso que poderemos ver o 31 de xaneiro e o 1 de febreiro. 'O mel non caduca' é un espectáculo arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e da degradación do planeta por mor da perversa lóxica capitalista. -
'Vendo. Compro. Cambio' era a mensaxe coa que o neno Francisco Latorre Eced anunciaba un posto de compra-venda de cómics co que axudar á subsistencia da súa familia, represaliada nos anos da posguerra e refuxiada na cidade de orixe da súa nai, Huesca. Hoxe a mensaxe recupera actualidade como lema dunha exposición homónima da man da artista María X. Fernández que abriu as súas portas este luns 20 na Igrexa da Universidade. -
Un novo traballo desenvolvido integramente no Centro Singular en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) polo investigador posdoutoral Marie Curie Nacho Insua mostra por primeira vez un novo mecanismo secuencial, no que pequenos péptidos seguen unha ensamblaxe ordenada en diferentes dimensións. Así, nun primeiro momento os péptidos emsámblanse nunha dimensión (1D), dando lugar a tubos nanométricos que, máis tarde, forman láminas en 2D. -
Hoxe comezou oficialmente a segunda edición do concurso escolar Pilabot, unha iniciativa para promover a recollida selectiva de pilas, acumuladores e baterías usadas entre os máis cativos e na que participan un total de 150 centros de primaria e secundaria de toda Galicia. A actividade central desta segunda edición de Pilabot volverá ser o concurso escolar de reciclaxe, de forma que os centros competirán entre si para acadar as mellores cifras de recollida de pilas de Galicia. -
O European Research Council (ERC, Consello Europeo de Investigación) vén de conceder unha nova axuda Proof of Concept (PoC, 'Proba de Concepto') ao proxecto antiCSC, dirixido polo profesor José Luis Mascareñas, director científico do CiQUS. O apoio da máxima institución comunitaria en materia de investigación servirá para financiar o deseño e desenvolvemento de compostos químicos baseados en metais. -
17° Ribeira Sacra Festival confirma que volverá en 2021, un ano moi especial para o festival, que celebra a súa quinta edición, e para o territorio, coa resolución da candidatura a Patrimonio da Humanidade. 17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público. -
O University Ranking by Academic Performance (URAP) incorpora un ano máis a USC na súa listaxe das institucións de ensino superior do mundo con mellor rendemento académica. Logo de procesar os datos de 3.000 institucións, este ránking puntúa as 2.500 mellores, de entre as que a Universidade de Santiago ascende á posición 456 da clasificación mundial e á posición décimo cuarta de entre as 66 universidades españolas recollidas. -
A Colaboración Científica LIGO, na que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da USC (IGFAE), e a Colaboración Virgo anunciaron a primeira detección de ondas gravitacionais do terceiro período de observación (O3). A orixe deste evento, denominado GW190425, atópase na fusión dun sistema binario de estrelas de neutróns cunha masa total de ao redor 3,4 masas solares. Os resultados foron presentados no congreso da Sociedade Astronómica Americana en Honolulu, Hawaii. -
Publícase hoxe a convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario "Erasmus+", para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2019/2020, que conta cun orzamento de 1.517.000 euros. Deste xeito, todos os estudantes galegos que tiveran dereito ás axudas europeas poderán ter acceso tamén ás axudas complementarias autonómicas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- …
- seguinte ›
- última »

