Notas
-
Entre o 24 e o 26 de xullo reúnense na Illa de San Simón, por primeira vez en Galicia, artistas de catro continentes arredor do XIII Festival Sinsal Son Estrella Galicia. Caracterizado por unha proposta musical alternativa, o Sinsal “é un evento singular que vai máis alá dun festival ao uso, para ofrecer todo un acontecemento comunitario”.
-
As liñas de axudas establecidas pola Xunta complementan as destinadas polo Goberno do Estado. As axudas específicas, xunto coa conxelación das taxas universitarias, reforzan a súa aposta pola igualdade de oportunidades e pola universidade coma un piar fundamental para o futuro da comunidade autónoma.
-
A xornada Xogar tamén é cousa seria aborda, na Biblioteca e Arquivo da Cidade da Cultura, as experiencias na creación de videoxogos en Galicia co fin de difundir o traballo do sector do videoxogo na nosa Comunidade e as novas oportunidades e posibilidades que esta industria ofrece á educación, a sanidade ou a comunicación. A actividade promove así o coñecemento do potencial do xogo dixital.
-
O xoves 2 de xullo, a Cidade da Cultura acolle a primeira das 24 actuacións que ten preparadas para gozar ao caer o sol: a da banda compostelana Puma Pumku, trala que actuarán Amatria e The Lákazans coa mellor combinación de blues, soul e rock. Os concertos no Gaiás son de balde ás 21h.
-
Nesta actividade, profesionais da Fundación ofrecen aos estudantes consellos básicos sobre a elaboración de vídeos e ferramentas audiovisuais para presentar os seus proxectos. A TIC e o campus lucense continúan colaborando para reforzar a relación entre a Universidade e a FP por un ensino público de calidade.
-
Os correspondentes son mediadores ou axentes de información xuvenil entre iguais. Esta acreditación de educación non formal é un valor engadido para o currículo, que cada vez se valora máis en Europa. Os participantes no programa Correspondentes Xuvenís 3.0 reciben semanalmente un boletín informativo e un certificado.
-
O presidente do goberno provincial foi o persoeiro convidado no almorzos de negocios que organiza o Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense.
-
Nunha semana, triplicouse o alcance das publicacións sobre a campaña dende o Facebook da Deputación, cun alcance de 35.000 persoas. O 37% das visitas foron dende Lugo, o 16% de Santiago, 13% A Coruña, 8% Vigo, 4% Ourense e 3% Pontevedra. Destacan as consultas dende Madrid, co 15%; e dende Barcelona, co 4%. Do extranxeiro, proviñeron o 36%.
-
Os traballos pódense presentar ata o 23 de agosto, e as bases pódense consultar en: https://cuacfm.org/xvii-concurso-de-maquetas.
-
Os alumnos, de entre 9 e 18 anos e procedentes de Cangas, Chantada, Pazos de Borbén e A Fonsagrada, reuníronse na filmoteca galega para exhibir e dialogar sobre catro pezas documentais nas que amosan vivencias ou espazos das súas localidades, no marco do proxecto de curtas Cine en Curso, no Plan Proxecta.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 146
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- …
- seguinte ›
- última »