Notas
-
Estudantes internacionais informan ao futuro estudantado sobre a gastronomía, a economía e a vida universitaria nos seus países de orixe de continentes como África, Europa, América e Asia que estudan na USC. A Facultade de Xeografía e Historia converteuse nunha feira internacional bautizada como International Day.
-
Cineuropa presenta oito estreas no tramo final da edición 2015 do festival: rois souvenirs de moi jeunesse, Demon, Cosmos, Oliver Hirschbiegel, Jonas Govaerts dá con Cub, Peace to us in our dreams e A próxima vez apuntarei ao corazón. Preséntanse tamén dous proxectos galegos: as curtas Arredor de Nimbos e Toñito Blanco, só, perdido e vicioso.
-
A exposición composta por 16 proxectos na especialidade de fotografía e outros tantos na de artes plásticas que comprende pintura (9) e escultura (7), poderá visitarse ata o vindeiro 28 de novembro. O certame Xuventude Crea “estimula e apoia o talento, a imaxinación e a creatividade dos mozos e mozas galegos”.
-
No marco da 29ª edición do festival Cineuropa, o xoves, 12 de novembro, ás 21:00h no Auditorio de Galicia, proxéctase o filme A woman of affairs (A muller lixeira), dirixido por Clarence Brown e con música de Carl Davis. Mediterránea proxéctase simultáneamente en 8 cidades europeas no LUX Film Days.
-
O obxecto da convocatoria é a creación de lemas para a campaña de sensibilización, elaborados en galego e que sexan orixinais e inéditos, cunha extensión máxima de 140 carácteres. Está dirixido ao alumnado residente dos colexios maiores e residencias que integran o SUR neste curso.
-
O autor do texto conmemorativo deste ano é o científico Jorge Mira, que participou co secretario xeral de Política Lingüística na presentación das iniciativas. Baixo o lema "Biblioteca escolar, base de exploracións", os centros educativos tamén participan de forma activa na incorporación da ciencia ás súas actividades con espectáculos, obradoiros e audiovisuais, entre outros.
-
Tercer grado, ópera prima do actor e realizador catalán Geoffrey Cowper, pecha a 20ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). O filme está protagonizado por Jesús Lloveras, Frank Feys e a ourensá Sara Casanovas. Obtivo tres premios no circuíto de festivais de Estados Unidos, onde foi recibido con gran aceptación.
-
A festividade do Samaín encherá de vida as prazas da zona vella da cidade o sábado 31 de outubro. As actividades están dirixidas aos máis cativos, pero a Concellería de Cultura quere implicar tamén a toda a familia. Comezan con obradoiros de baleirado de cabazas -repartiranse un total de 700-, e rematan cunha grande festa.
-
Repartiranse máis de 3.500 euros en premios nas diferentes modalidades, e haberá actividades gratuítas para o público amante dos xogos de estratexia e das últimas novidades do mercado de ocio electrónico. Hai máis de 230 xogadores inscritos.
-
O Xuventude Galicia Net, a maior party informática de Galicia, abre as portas dende ata o domingo 20 de setembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA. Os inscritos superan lixeiramente os 700 e os interesados poden rexistrarse tanto a través da web do evento como de forma presencial no recinto.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- …
- seguinte ›
- última »