Notas
-
O 27 de febreiro de 2015 conclúe o prazo para presentarse aos premios escolares da campaña Separemos ben, reciclaremos mellor, aberta aos centros galegos de Primaria e Secundaria que, ademáis de participar elaborando pezas a partir de refugallo, serán os encargados de elexir a obra que os represente.
-
En Vigo, o proxecto gañador foi Lathaeus, de David Rodríguez Constela e Adam Anh Kim Caramés, que conseguiron unha praza para viaxar a Silicon Valley. En Santiago de Compostela, Víctor Álvarez Santos e Adrián Canedo Rodríguez gañaron tamén unha praza grazas ao seu proxecto Situm.
-
A porcentaxe de egresados que remataron no curso 2010/2011 os seus estudos e estaban a finais do 2013 traballando acada o 63,3%, cinco puntos porcentuais máis ca os do curso anterior. O conselleiro de Educación anuncia a publicación no web do seu departamento dos resultados desagregados por titulacións e centros galegos (SUG).
-
O curso de cinema "Derivas da modernidade. Do cinema clásico ao cinema moderno. Intuicións, eclosións e ecos dos novos cinemas da modernidade (1950- 1980)" centra algunas actividades do CGAC que tamén acolle 3 documentais do Womex baixo o título "From Berlin to the World" e programa os dous últimos concertos das xornadas de música contemporánea.
-
As compañías acreditadas representan a medio centenar de formacións artísticas e compoñen a delegación galega máis numerosa de cantas teñen participado na feira internacional de música tradicional máis importante do mundo. Obxectivo: unir esforzos para competir.
-
Poden participar maiores de 18 anos e persoas autónomas que o desexen, galegos ou con residencia en Galicia, e premiaranse, entre outros aspectos, a creatividade e a innovación da ferramenta e do uso de código aberto.
-
Abe Rábade, Banda Crebinsky, Som do Galpom, Cuarteto Caramuxo, Sés, Sumrrá, Najla Shami, Rosa Cedrón, Caxade, Radio Cos, Daniel Minimalia e Luar na Lubre protagonizan as actuacións de Focus Galicia, que se desenvolve do 19 ao 22 de outubro na Coruña, Ourense e Santiago de Compostela.
-
Con este aplaudido concerto de fados, o programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística fomenta o uso do galego entre o público de todas as idades. Pechou a xira de Os Bolechas e o sabichón coa participación de máis de 1.200 cativos e as súas respectivas familias.
-
O CDG inaugura a súa temporada 2014-15 no Teatro Principal de Ourense, que o venres 3 de outubro acolle a primeira función para público familiar do espectáculo de teatro musical con dirección escénica do luso-brasileiro José Caldas.
-
A Amtega abre o prazo de inscrición no concurso Curtas co móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020, dirixido a mozos galegos matriculados na ESO ou Bacharelato. O prazo de presentación de solicitudes e os seus correspondentes vídeos está aberto ata o 30 de outubro de 2014 e as inscricións fanse online no Blog XenteDixital.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- 155
- 156
- 157
- 158
- …
- seguinte ›
- última »