Notas
-
O Concello de Muíños e a Asociación de Desenvolvemento Sostible Sustinea, organizan o Campo de Traballo “Aldea de Salgueiro-Parque Natural do Xurés”, que reunirá a 25 persoas provintes de Rusia, Italia, Francia, Xapón e España. Dende o 21 ao 30 de agosto, terá lugar o Campo de Traballo “Aldea de Salgueiro-Parque Natural do Xurés”, organizado dende o Concello de Muíños e Sustinea en colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
-
Case 5000 persoas visitaron xa na Sede Afundación na Coruña «Exposyfy». A exposición, que reúne unha selección de pezas orixinais dalgúns dos títulos máis representativos da historia máis recente do cine fantástico e de ciencia ficción, foi levada a cabo pola canle Syfy e Propside.com. «Exposyfy» permanecerá aberta ata o 29 de agosto e pode visitarse en horario de luns a venres de 17.00 a 21.00 h e os sábados e festivos de 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h.
-
A décima edición do Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo, que organiza a asociación EoClásica, ofrece cinco concertos dende mañá, xoves, ata o vindeiro luns. Foi presentado hoxe no salón de plenos municipal, acto no que participaron a alcaldesa en funcións, Ana Martínez, e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, xunto co director do festival, Leopoldo Erice.
-
El programa de ayudas de Iniciativa Xove ha financiado desde 2010 un total de 858 proyectos juveniles que fueron realizados de manera directa por más de 4.300 jóvenes. Para este fin, se han destinado entre el año 2010 y 2014 un total de 3,1 millones de euros para este programa de educación no formal. Para 2015, se invertirán en esta actuación 500.000 euros para financiar 150 proyectos en los que participarán más de 750 jóvenes y chicas.
-
O domingo 23 en Vilaxoán estarán por primeira vez en Galicia nun concerto que seguro será especial. Porque S.O.J.A. Soldier of Jah Armies, é un dos principais grupos da escena reggae internacional. Con varias nominacións aos Grammy, entre outras ao mellor album reggae, ou gañadores no 2014 do Int´l Reggae & World Music Awards “Best Reggae Rock Song / Entertainer”, con centos de miles de copias vendidas e encabezando as listas de vendas en reggae, constitúen unha referencia imprescindible do reggae actual.
-
Tras su paso por la Coruña, las Ferias del Libro de Galicia 2015 –promovidas por la Federación de Librerías de Galicia– llegarán mañana a Viveiro, donde permanecerán hasta este domingo. Los jardines viveirenses de Noriega Varela se convertirán en el punto central de las diversas actividades, pensadas para todos los públicos, que se organizarán alrededor del libro y de la lectura.
-
Trinta imaxes que transmiten unha visión artística da ciencia e a tecnoloxía conforman a mostra itinerante no claustro baixo do Colexio de Fonseca ata o 12 de setembro, logo de ser seleccionadas entre as 209 recibidas no concurso InvestigArte promovido por DivulgActiva e a USC.
-
Do 30 de xullo ao 13 agosto, Agolada, Vila de Cruces e Lalín acollen concursos musicais, actuacións de recoñecidos artistas e grupos, así como unha festa de aniversario do festival, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Educación. Odaiko actúa en Lalín o 8 de agosto.
-
Un total de 12 concellos galegos acollen ata finais de xullo as dúas propostas de dinamización lingüística incluídas na cuarta edición do programa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lle destina á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Os Bolechas, na máquina do tempo chega a varios concellos no marco do programa "FalaRedes".
-
Galicia está a exercer en Bruxelas, neste segundo semestre do ano 2015, a representación das comunidades autónomas españolas en materia de xuventude, o que implica a obriga de elaborar unha proposta de posición común nos temas a debate qie serán consensuados.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 145
- 146
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- …
- seguinte ›
- última »