Notas
-
2.200 estudantes de ensino secundario de toda Galicia visitan esta semana o campus de Compostela dentro dos Encontros na zona USC 2015. Trátase dunha iniciativa na que o programa A Ponte pretende achegar os futuros universitarios e universitarias a estudos nos que poidan estar interesados amosándolles instalacións e saídas profesionais.
-
Galicia disporá por vez primeira dun espazo de difusión propio na zona de mercado do prestixioso encontro francés Clermont-Ferrand centrado nas curtametraxes, que arranca coa asistencia de máis de 3.000 profesionais duns 80 países. Ser e voltar de Xacio Baño, compite na sección Lab.
-
Fórmase ao alumnado na xestión sostible dos residuos urbanos, sen esquecer a transmisión de valores educativos para a convivencia, a diversión e o entretemento. Proclamarase campión o equipo que supere unha serie de probas nas que deben dar boa conta dos seus coñecementos, habilidades e talento en medio ambiente.
-
O concerto está programado para o domingo 25 de xaneiro no CSC da Ramallosa dende as 20:00 horas e a entrada será de balde.
-
Fomentar el deporte y la relación entre empresas son los objetivos que salen a las calles ourensanas el 15 de marzo para participar en la I Carrera de las Empresas, organizada por AJE Ourense con el apoyo de su matriz gallega. Son seis kilómetros de convivencia, deporte y empresa, con salida y retorno en el pabellón Paco Paz.
-
Os premios entregaranse durante a ceremonia de clausura do Belén Electrónico de Begonte, o día 31 de xaneiro ás 17h.
-
A cantar con María Fumaça, Espantallo amigo, Feliciano, Cantigas da estrela e Lingua de reis encheron a programación de actividades para festexar o Nadal na terceira edición do programa que incluíu materiais e recursos dixitais para galeguizar as festas e promover o uso do galego desde as tecnoloxías da información e da comunicación.
-
A Torre Berenguela foi escenario desta actividade de divulgación da ciencia e da innovación que combina o concepto clásico de xogo de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato. A edición especial de Nadal seguirá en primavera de xira por Galicia retando os galegos e galegas a poñer a proba os seus coñecementos científicos, sacando a ciencia e a innovación dos laboratorios.
-
O conselleiro explicou no Parlamento que na inmensa maioría dos países do Espazo Europeo de Educación Superior séguese o modelo de graos de 3 anos e máster de 2 ou, no seu caso, modelos flexibles.
-
O obxectivo desta iniciativa é favorecer a actuación conxunta dos 8 centros públicos especializados nestas ensinanzas en eidos como a prestación de servizos de vangarda ou a excelencia, promovéndose a innovación e a calidade da formación integral desta rama de FP. A presentación enmarcouse no I Encontro Internacional de Formación Profesional de Galicia, Castela e León e Portugal.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- 155
- 156
- 157
- …
- seguinte ›
- última »