Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Un ano máis, e xa van vinte e dous, chega a vindeira semana a Compostela o Encontro Universitario de Danza (EUD), unha das actividades máis destacables e visibles do Espazo de Danza da USC que busca favorecer o intercambio cultural a través da danza e achegar esta disciplina artística ao resto da sociedade. A 22 edición do EUD acollerá os días 15 e 16 de abril, ás 20:30 horas no Teatro Principal, a presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e Santiago, baixo a dirección de Juan Carlos Zahera.
  • A invención consiste nun sistema que estima as orientacións vertebrais utilizando un modelo multicorpo da columna vertebral e un número reducido de sensores de orientación 3D: ao colocar cinco sensores en cinco vértebras identificadas, estímase a postura da columna ao completo e en tempo real. Isto resulta posible grazas á medición da orientación que ofrecen os sensores e ao algoritmo de estimación desenvolvido polo equipo de biomecánica do LIM.
  • Un total de 11 propostas cinematográficas compiten na novena edición do certame cinematográfico en lingua galega Findecurta, unha iniciativa promovida pola Área de Cultura da USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo, e cuxa temática convidou aos máis de 100 participantes inscritos a imaxinar o 'Último día na Terra'. Distribuídos nun total de 11 equipos, a parroquia do IX Findecurta gozou de pouco máis de 80 horas para materializar as súas propostas.
  • O mércores ás 19:30 horas terá lugar en Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, a inauguración da exposición 'HIC SUNT LEONES – Aquí están os leóns', do artista galego Pablo Barreiro. Barreiro establece un diálogo coa copia dos leóns que hai na entrada do parque do Pasatempo de Betanzos, dúas pezas que os irmáns García Naveira copiaron dos orixinais da basílica de San Pedro (Roma), feitos por Antonio Canova para o sepulcro do papa Clemente XIII (1759-1769).
  • A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra promoven a quinta edición do 'Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos', froito dun convenio de colaboración entre as dúas entidades. A través desta iniciativa búscase conectar ao gran público con temas de actualidade científica que teñen unha notable repercusión social e, ao mesmo tempo, dar a coñecer o importante labor de investigación que se leva a cabo na nosa comunidade en diferentes eidos.
  • “A arquitectura é unha arte que impacta na vida das persoas”, afirmaba a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, na inauguración este venres da exposición 'A muller que son. 7 arquitectas rumanas e as súas obras', que homenaxea á raíña María de Rumanía, Virginia Andreescu Haret, Henrietta Delavrancea, Ioana Grigorescu, Silvia Demeter-Lowe, Eliza Yokina e Ilinca Păun Constantinescu.
  • O ROMPETIÑO JUMP, o evento referente de música urbana en Galicia e gran parte da península ibérica, anuncia o cartel completo para a súa próxima edición, que terá lugar do 5 ao 7 de Xullo de 2024 en Porto do Son, A Coruña. Con un impresionante Line-Up de artistas nacionais, o festival promete ofrecer unha experiencia inesquecible para os amantes do trap, o hip hop e a música urbana en xeral.
  • As mexicanas THE WARNING abrirán a programación este sábado 6 Abril na sala Capitol de Santiago de Compostela, coas entradas esgotadas. Tras xirar con Muse, Guns N’ Roses ou Foo Fighters, as 3 irmás convertéronse nunha das grandes sensacións do momento na escena rock, e estréanse nos escenarios galegos dispostas a poñer a Capitol patas para arriba co seu poderoso directo.
  • Do 11 de abril ao 9 de maio, a cidade de Ourense acolle a celebración da 29ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu), que contará con 23 espectáculos de teatro, música e danza, ademais de formación. Unha edición máis a Universidade de Vigo volve a ter un protagonismo destacado nela, non só no seu patrocinio e organización senón tamén coa actuación das aulas de teatro e danza dos seus tres campus.
  • A spin-off da UDC PhotoIlike vén de facerse co premio Solvia PropTECH á mellor tecnoloxía para a comercialización de activos, logo de impoñerse ás máis de 50 candidaturas participantes nesta segunda edición dos premios. Así mesmo, outorgáronse doutros dous premios noutras dúas categorías.