Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña inicia este mes de maio a 2ª edición do 'CITEEConto que facemos...!'. Trátase dun ciclo de conferencias nas que se falará sobre temas de vangarda relacionados coas diversas áreas tecnolóxicas do centro, e que se iniciará cunha acgtividades sobre a enxeñaría estrutural con madeira.
  • Crear un espazo distendido de intercambio de ideas no que discutir a ciencia cunha mente aberta. Este é un dos principais obxectivos cos que o catedrático e investigador do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, CINBIO, Luis Liz Marzán pon en marcha a terceira edición de The Thinking Institute, un encontro internacional que contará coa presenza de especialistas de primeiro nivel nos eidos da nanociencia, a nanomedicina ou a nanoquímica.
  • O 27 de maio de 1999, dúas décadas despois de que se iniciasen na Universidade de Santiago de Compostela as primeiras actividades no campo de física de altas enerxías, a propia USC e a Xunta de Galicia asinaron o convenio de creación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). En 2024, conmemora o seu 25 aniversario convertido xa nun centro de referencia internacional na física de altas enerxías, astropartículas e física nuclear.
  • O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) vén de ser recoñecido polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia co Premio Especial da XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2024 pola organización da ECAI 2024 (European Conference on Artificial Intelligence), un dos eventos máis importantes do mundo en intelixencia artificial que se celebrará en Compostela do 19 ao 23 de outubro de 2024, convertendo a cidade e Galicia nas capitais mundiais da IA.
  • Ademais de seren ferramentas para o entretemento e as relacións persoais, as redes sociais téñense consolidaron dende hai anos como mecanismos eficientes de comunicación institucional, e as universidades non son alleas a este fenómeno. En paralelo ás oficinas de prensa e de imaxe, case todas as universidades contan na actualidade con xestores de redes sociais institucionais que, dende o ano pasado teñen un punto de encontro do simposio Rederas.
  • A Facultade de Filoloxía da USC acollerá entre os días 29 e 31 de maio o Simposio Internacional 'O que virá', no que se exporán distintas perspectivas críticas e teóricas da literatura contemporánea, cun especial interese pola latinoamericana. O encontro, que á súa vez é unha homenaxe á ensaísta e profesora arxentina Josefina Ludmer, recollerá achegas que fornecerán o debate sobre cuestións formais, tipolóxicas, editoriais, ecolóxicas, estéticas e culturais.
  • A soidade, cun impacto tanto directo, como indirecto reducindo a autoestima dos individuos, sería o factor que máis inflúe na satisfacción das persoas maiores coas súas vidas, segundo conclúe un estudo dos investigadores da USC Sara Rey Beiro e Fidel Martínez-Roget, do Departamento de Economía Aplicada e ECOBAS, que acaba de publicar a revista ‘Heliyon’ (Elsevier).
  • Achegar á cidadanía o traballo do persoal investigador da Universidade e os beneficios dos seus estudos para o avance da sociedade, así como contribuír ao fomento de vocacións científicas. Estes son os obxectivos da expo-feira A ciencia que vén, que a UVigo organizará por primeira vez en Pontevedra o 31 de maio. A praza da Ferraría acollerá 14 carpas nas que grupos de investigación ofrecerán unha serie de obradoiros e actividades, dirixidas a un público familiar, que permitirán achegarse dun xeito lúdico e divertido ás aplicacións dos seus traballos en múltiples ámbitos.
  • A UDC inaugurou na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, o Congreso Internacional Emerging Trends in Applied Mathematics and Mechanics 2024. No programa figuran charlas de temas de especial interese e máxima actualidade como o derretemento das capas de xeo, que aborda un dos problemas ambientais máis críticos do noso tempo, vital para prever e mitigar os impactos do cambio climático.
  • Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.