Notas
-
A cidade de Ourense será a sede do IV Congreso Internacional sobre prevención, tratamento e control do consumo de cannabis e os seus derivados: abordaxe na adolescencia e desde a perspectiva de xénero, que se desenvolverá do 23 ao 25 de novembro no Auditorio Municipal.
-
Despois dun outono cheo de exitosos espectáculos como os musicais de 'El Médico, el Musical', 'Peter, el Musical' ou 'La Bella y la Bestia', ou a exposición inmersiva 'Vanguardias', aberta ata 26 de febreiro, o Mar de Vigo prepara novas propostas de primeiro nivel para o primeiro semestre do ano. Dentro destes novos espectáculos están a liña de musicais, pero tamén haberá cabida para o humor, maxia, bandas tributo e, sobre todo, xiras de grandes artistas internacionais.
-
Humanos e máquinas achegarán o mellor de si para coutar algunhas das ameazas coas que se atopan as democracias actuais: noticias falsas, discursos de odio ou desinformación. Esta é a meta de HYBRIDS (Intelixencia híbrida para monitorizar, promover e analizar transformacións nas boas prácticas democráticas), un novo proxecto de investigación liderado dende a USC para contrarrestar a ameaza da desinformación, baseadas no procesamento da linguaxe natural (PLN) e a Intelixencia Artificial (IA).
-
Do 24 de febreiro ao 5 de maio, a Facultade de Dereito do campus de Ourense acollerá a celebración da acción formativa 'Jean Monnet O Pacto Verde Europeo. Análise e perspectivas'. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer e fomentar o debate sobre a política e o dereito ambiental da Unión Europea no marco deste documento, que guiará a acción ambiental no ámbito europeo nos próximos anos.
-
O proxecto Innovatia 8.3, impulsado por USC e Instituto das Mulleres, avanzou este martes 24 resultados preliminares do estudo ‘Indicadores de xénero no emprendemento de I+D+i’ no que se recollen datos dunha ducia de institucións universitarias do conxunto de España. Segundo este primeiro avance o 6% das persoas que participan nunha spin-off son mulleres.
-
Cada curso académico, o campus de Ourense participa, ao igual que o campus de Pontevedra, na iniciativa Docs del Mes, un ciclo de cinema documental que se desenvolve de xeito paralelo en preto de 70 cidades de toda España. Neste segundo cuadrimestre serán seis, unha cada mes, as obras internacionais de temáticas moi diversas que se poderán ver de xeito virtual no marco desta iniciativa.
-
A temporada 2022/2023 está sendo para o UVigo Motorsport unha etapa de moitos cambios. Tras varios anos cun equipo formado por entre 40 e 50 persoas, este curso conseguiron renovar e ampliar considerablemente o seu cadro de persoal ata acadar 71 alumnos e alumnas. Con este novo impulso, agardan poder adiantar todas as fases de deseño e fabricación e ter listo o monopraza UM23 o antes posible, para así poder rodalo e testalo con suficiente antelación respecto das competicións de Formula Student do verán.
-
A aceleradora de proxectos innovadores invertibles ViaGalica, promovida pola Xunta de Galicia xunto coa Zona Franca de Vigo, busca talento emprendedor no Campus Terra da USC, onde o vindeiro martes 24 de xaneiro presentará, a partir das 11.00 horas, no edificio Cactus, a sétima edición do seu programa de validación, maduración e posta en marcha de ideas emprendedoras.
-
O CDG regresa con esta nova produción ao universo shakespeariano para ofrecerlle ao público unha revisión destes catro títulos, cada un deles condensado en pouco máis de media hora. Esta particular proposta permite unir tres momentos da historia: o presente, o período isabelino e a Roma clásica a través da guerra, a violencia e a loita polo poder que guían o destino dos personaxes, co foco posto nalgúns secundarios presentes nos orixinais.
-
Todas as persoas interesadas no mundo dos videoxogos poden votar ós seus títulos favoritos de 2022, xa sexan en español, galego, catalán ou éuscaro. Así arranca a segunda edición dos Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos, unha iniciativa coa que a institución académica viguesa busca recoñecer o bo traballo das persoas que se dedican á localización de videoxogos, é dicir, a conseguir trasladar un videoxogo da súa lingua orixinal a unha lingua meta.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- seguinte ›
- última »