Notas
-
A Universidade da Coruña e a plataforma EDUCA organizan por sexta vez consecutiva o Congreso Mundial de Educación EDUCA 2023. Un congreso que terá lugar no Campus de Elviña entre os días 2 e 4 de marzo. A día de hoxe xa está confirmada a participación de máis de 400 profesionais da educación procedentes de diferentes lugares de España e outros países como Portugal, EEUU., México, Perú ou Costa Rica. -
Datos, electrónica e toponimia serán os tres eidos temáticos sobre os que pivotará a primeira Nerd Nite de 2023. A Nave de Vidán acollerá o vindeiro 22 de febreiro, a partir das 20.30 horas, a próxima sesión destas charlas científicas, coordinadas polo catedrático da USC Jorge Mira, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno. -
A nova vaga de actividades do programa 'Faíscas culturais' permitirá que o lume da cultura siga a espallarse polas aulas universitarias e prenda no currículo académico do alumnado. A través desta iniciativa, a USC introduce, nas clases de diversas materias, proxectos artístico-pedagóxicos que serven de ancoraxe para a reflexión e o debate. -
O festival SonRías Baixas anunciou hoxe as datas da súa vindeira edición, marcada neste 2023 polo seu 20 aniversario. O evento desenvolverase os días 3, 4 e 5 de agosto ao longo de tres días que apostarán, un ano máis, pola unión da música en directo, a gastronomía, e o ambiente de praia e natureza de Bueu, Pontevedra. -
A revista Minius. Historia, Arte e Xeografía, acaba de lanzar o seu número 27, estando xa dispoñible na rede para a súa descarga de balde. Nas súas 470 páxinas, esta publicación do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo recolle un total de 13 artigos e tres reseñas que abranguen áreas moi diversas, desde a arqueoloxía á xeografía. -
'É un ano moi especial e sentímonos moi alegres porque estamos celebrando ese recoñecemento da UNESCO como modelo de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial. Un recoñecemento ao traballo de moitos centros educativos, docentes, e tamén familias que ao longo destes xa vinte e oito anos foron tecendo unha rede de complicidade arredor do patrimonio común galego-portugués', subliñou Santiago Veloso, coordinador da asociación. -
'Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século' é a mostra organizada pola Fundación Juana de Vega con motivo do 150 aniversario do falecemento da coruñesa e que pode visitarse ata o 5 de abril no claustro alto do Colexio de Fonseca da USC. Juana de Vega desenvolveu unha intensa actividade benéfica e social, unha muller progresista e liberal, avanzada para a súa época, que deixou unha gran pegada non só na cidade da Coruña senón tamén en toda Galicia e resto do Estado. -
Estreada en 1963, A inmortal (L´Imortelle) foi a primeira longametraxe dirixida polo escritor e cineasta francés Alain Robbe-Grillet, principal expoñente do movemento literario Noveau Roman, que avogaba pola ruptura coas concepcións da novela decimonónica. É o punto de partida de 'La musa inquietante', novo libro de Alberto Ruiz de Samaniego. -
A investigadora do CITIC Verónica Bolón lidera desde a UDC o estudo sobre os denominados algoritmos verdes, no marco do recente plan nacional aprobado polo Goberno a finais do pasado ano e que desenvolverá, ata o 2025, solucións TIC aos desafíos ecolóxicos baseadas en intelixencia artificial (IA). O proxecto de investigación dá resposta ademais a un dos obxectivos da futura AESIA sobre o uso responsable co medio ambiente da IA. -
Un ducia de fotografías captadas por Inmaculada Gutiérrez, Pilar Moreno, Leopoldo Martínez e Lucía Morales, que descobren na natureza elementos xeométricos, simetrías e outros conceptos matemáticos integran a mostra ‘Xeometría Natural’, inaugurada este mércores 8 no claustro alto do Colexio de Fonseca, e que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 5 de abril.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- …
- seguinte ›
- última »

