Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Comeza unha nova edición do programa Inspira STEAM, promovido pola Universidade de Deusto e coordinado na Coruña pola investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña Verónica Bolón. O programa ten a finalidade de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre estudantes, especialmente entre as nenas.
  • A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC fai un percorrido pola historia da educación en feminino a través dunha mostra composta por 39 pósteres e paneis, nos que o alumnado da materia Historia e Teoría da Educación Escolar recuperan a memoria de episodios singulares no ámbito do ensino e salientan as importantes achegas realizadas por ducias de educadoras e/ou colectivos femininos ao longo dos séculos.
  • Unha pescuda no arquivo familiar para reescribir a xenealoxía feminina ou un dicionario feminista de termos cinematográficos para o profesorado de bacharelato son dous dos traballos gañadores da novena edición dos Premios Egeria. Trátase duns galardóns que convoca a Unidade de Igualdade co obxectivo de fomentar a introdución da perspectiva de xénero.
  • O 18 de xaneiro de 2021, unha gran bola de lume cruzou os ceos galegos. Tratábase dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 75 quilómetros de altura cunha velocidade de 15 Km/s e que produciu un meteorito de 527 gramos. Agora, este fragmento de corpo celeste pode visitarse na Sala dos Meteoritos do Museo de Historia Natural (MHN).
  • Do 28 ao 30 de abril, o FIV acollerá este ano a décimo sexta edición da primeira cita musical da tempada que se celebra en Vilalba (Lugo). O pasado mes de decembro anunciouse a primera metade de confirmacións do cartel e esta mañá desvelouse o resto de artistas que protagonizan unha das programacións máis completas ata a data.
  • Unha vintena de estudantes das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrias e Minas e Enerxía da Universidade de Vigo encárganse da organización da 23º edición do Foro Tecnolóxico de Emprego que se celebrará entre os días 28 de febreiro e 2 de marzo, coordinado por María Purriños Paz e Camilo Piñón Blanco.
  • Un equipo composto por 15 institucións de sete países europeos, entre as que se atopa a Universidade de Santiago de Compostela, unirá forzas no proxecto de investigación NETTAG+. Durante os próximos tres anos, a iniciativa desenvolverá novas solucións para reducir os residuos xerados polas artes de pesca e o seu impacto na vida e os hábitats mariños. O proxecto está coordinado polo Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental, con sede en Matosinhos (Portugal).
  • A competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial foi un máis dos millóns de eventos que a pandemia impediu celebrar durante os tres últimos anos. Recuperada a normalidade, a competición, que acada este ano a súa sexta edición, volverá encher o 21 de abril a EEI de robots deseñados polo alumnado de ESO, Bacharelato, universidades e FP.
  • Investigadores do grupo Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo veñen de avaliar nun estudo o impacto das medidas para favorecer a conciliación laborar e familiar das familias numerosas durante 2022, tomando como exemplo políticas de varias comunidades autónomas e países como Francia ou Alemaña.
  • O proxecto Transferencia de Coñecemento Educativo (EKT, polas súas siglas en inglés) é unha “alianza de coñecemento para a educación superior” que coordina o grupo de Tecnoloxía Educativa da USC coa participación dun total de once socios académicos e tecnolóxicos de seis países da Unión Europea.